7 de abr. de 2014

MOVEMENTOS SOCIAIS

PREFERENTISTAS AGARDAN QUE O PRESIDENTE DA XUNTA ESTEA Á ALTURA DE PRESIONAR AO GOBERNO CENTRAL 


  Este martes 8 de abril, a voceira do BNG no Congreso, Olaia fernández Davila, presenta á Comisión de Econonomía do Congreso dos Deputados unha proposición non de lei na que se insta  ao Governo  español a devolver o 100% dos aforros dos afectados polas participacións preferentes e obrigas subordinadas. 

  É por iso, que os preferentistas esperan que esta vez o Partido Popular de Galiza, que aínda non tivo a decencia de reunirse cos afectados, non volte á rutina de votar no Parlamento Galego a favor, e logo, no Congreso dos Deputados en contra. Esiximos que cando menos os deputados galegos do PP (estean á altura das circunstancias e  rematen xa esta problemática que leva na rúa durante anos.   

  Agardamos pois, que o Partido Popular galego á cabeza do señor Núñez Feijóo, deixe de ser un Governo de desaparecidos que se rí dos afectados, e pete, dunha vez por todas, enriba da mesa de Madrid, velando así  polos intereses dos  seus veciños, pois está nas súas mans que máis de 35.000 galegas e galegos recuperen o 100% seus aforros.   

 Lembramos tamén, que o vindeiro mércores unha representación de preferentistas viaxará até Madrid para reunirse co Director do FROB, señor Carrascosa, ás 12 horas, na avenida General Perón.
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario