A FESTA DO OURIZO DE MAR CELEBRARASE O VINDEIRO DÍA 17 DE ABRIL
Informa: Comunidade de Montes de Mougás
O vindeiro 17 de abril celébrase en Mougás a X Festa do Ourizo de Mar, festa gastronómica na que poderemos degustar ourizos, bola de millo e viño.
A xornada estará amenizada por grupos de música tradicional.
A festa, que comezará ás 11 da mañá, continuará ata altas horas da noite, cando poderemos desfrutar de máis música en directo.
Pouco a pouco irémosvos dando máis detalles.
Festa organizada pola Comunidade de Montes de Mougás en colaboración co Concello de Oia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario