5 de abr. de 2014

DEPORTES

ESTE SÁBADO CELÉBRASE EN PADRÓN O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 10 KM.

Informa: Sociedade Atlética do Trega 

6º Campionato de España de 10 Km, en Ruta a celebrar este sábado día 5 de abril, en Padrón, os Absolutos e os das categorías Promesa e Veteranas en ambos sexos, que competirán conxuntamente nunha soa carreira a saída será ás 18:30 h; darán dúas voltas a un circuíto de 5 Km. totalmente raso,  e unha zona adoquinada que é o peor do trazado. Serán  190 atletas, 61 mulleres e 129 homes.En mulleres as principais favoritas para o triunfo son a cántabra Paula González (CDE Glez. Berodia) Sonia Praza (C.D Seoane Pampín), Gema Martín Borgas (Indp.)  Verónica Pérez (C.A.P.O.L.) e Alba García (Atletismo Bikila).
Tendo en contas as atletas galegas Paula Mayobre (Atletismo Bikila), Esther Navarrete (Atletismo Fem. Celta), as tres do Comesaña S. C. Iria Fernández, Sara Pérez e Barca Toba.
Na parcela masculina Aelemayehu Bezabeh (Atletismo Bikila), a priori preséntase como o claro favorito para o título, pero os dous compoñentes do equipo vigués New Balance Team, Alejandro Fernández e Manuel Ángel Penas, Borja Jerónimo García (Praias de Castellón), David Solis (Atl. Bikila) non llo poran doado. Para a vitoria da carreira, non para podio estatal, o marroquí Ouais Zitane (Carnicas Serrano), tamén ten que terse en conta.
En canto aos galegos, ademais dos dous xa referidos, que poidan estar en postos dianteiros están Carlos Villamor, Rubén Diz, Iván Docampo e Javier Paredes do Sociedade Gimnástica de Pontevedra e José Antonio Ramallo (San Miguel de Marín).
Antes disputarase os 10 Km en ruta federados autonómicos e popular na que participaran aproximadamente 200 atletas.
Participarán atletas con discapacidade intelectual do Polideportivo San Xerome Emiliani e concretamente a maioría dos atletas da Sociedade Atlética do Trega, destacamos en mulleres Ariana González e José Carlos Ferreira,  sorte a tódolos participantes do Baixo Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario