TRIBUNA ABERTA
XA HAI RESPOSTA Á DENUNCIA PÚBLICA: AS OBRAS DE REPARACIÓN DA BEIRARRÚA DA PRAZA DE AVELINO VICENTE DERON COMEZO
Anselmo Martínez Pena / A Guarda
03/04/2014
Non o podo crer!!! O que se ve na foto é como para estar aturdido. Resulta que despois de facer unha denuncia pública, uns días despois comezan a reparar algo que se miraba estaba nun estado impresentable e perigoso.
Poida que sexa unha coincidencia entre a denuncia e o comezo da obra, que posiblemente xa estivese programada para empezala nesta data. Tamén poida que estivesen a espera de que algún veciño se queixe, pois mentres non teñamos queixas é sinal de que non molesta a ninguén. A saber como pensan os gobernantes, é dificil acertar xa que o ter un cargo trascendente, transfórmanse de tal maneira que é imprevisible acertar os seus pensamentos xa que sempre actúan de forma distinta ao que din ou prometen. Ben, como non me quero apuntarme ningún tanto direi que isto xa estaba programado para empezar hoxe, asi que sexa dun xeito ou doutro síntome satisfeito por o comezo da obra.
Do que si estou seguro é de que se houbese feito un escrito de queixa presentado no Concello co seu correspondente registro de entradas, non houbese ocurrido esta coincidencia de datas entre a denuncia e o comezo da obra, simplemente porque ese papel sería lido ou non, penso que non.

Ningún comentario:
Publicar un comentario