4 de abr. de 2014

A GUARDA

UNHA SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DECRARA Á OBRIGA DO CONCELLO DE A GUARDA DE GARANTIRLLE "A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES, E NON DISCRIMINACIÓN POR INCAPACIDADE FÍSICA E ACCESIBILIDADE UNIVERSAL" A UN VECIÑO DA RÚA BAIXO MURO

"O Concello de A Guarda deberá elaborar i executar o correspondente proxecto ou programa de accesibilidade ou axuda, de acordo coa normativa vixente nesta materia".

Infogauda / A Guarda

  O Concello de A Guarda deberá garantirlle a igualdade de oportunidades, e non discriminación por incapacidade física e accesibilidade universal de Valentín González González, veciño da Rúa Baixo Muro, e por elo deberá elaborar i executar o correspondente proxecto ou programa de accesibilidade ou axuda, de acordo coa normativa vixente nesta materia. Ese é, en síntese, o Fallo da Sentenza 56/14, de data 28 de marzo de 2014, dictado polo Xulgado Contencioso Administrativo número un de Pontevedra. Contra esa resolución cabe interpoñer recurso de apelación.

  A referida sentencia ten relación directa cos autos de Procedemento Ordinario nº 214/2013 promovidos a instancia de María Teresa González Lomba, representada e asistida pola Letrada Andrea Rodríguez Vicente contra o Concello de A Guarda, representado e asistido polo Letrado Marcos Cabadas Avión.

  Nos Antecedentes de Feito, no seu apartado primeiro, consta: "(...) Interposto o recurso no prazo prefixado na Lei Xurisdiccional e admitido á trámite, seguiuse polos cauces do proceso ordinario (...)". Tra-la recepción no Xulgado do expediente administrativo tramitado, a parte actora formalizou súa demanda dentro do prazo legal, alegando os feitos e fundamentos de dereito que estimou precisos en orde ás súas pretensións (...)".

 No segundo apartado, faise constar que "dado traslado do escrito de demanda á representación da administración demandada para súa contestación, así o fixo en tempo e forma, opoñéndose á mesma e solicitando súa desestimación".

 No apartado de Fundamentos de Dereito á Sentencia recolle o seguinte: "Impúgnase no presente recurso a desestimación presunta da recramación presentada en data 27 de marzo de 2013 diante do Concello de A Guarda pola recurrente do cumplimento do estabrecido na lexislación relativa á supresión de barreiras arquitectónicas e se proceda á execución de un proxecto destiñado á supresión de barreiras arquitectónicas existentes nas proximidades da vivenda de D. Valentín González González, pai da recurrente".

  Asemase faise constar que a vista da documental aportada coa demanda resulta probado que D. Valentín González González, pai da actora, desde o ano 2010 e a consecuencia dunha grave enfermidade - cuia denominación, se indica na Sentenza - sofre como secuela unha hemiparesia dereita con incapacidade para á deambulación, precisando usar cadeira de rodas para seus desprazamentos de xeito permanente, e necesitando tratamento renal sustitutivo con hemodiálise debendo ser trasladado en ambulancia desde seu domicilio o centro de diálise 3 días a semana por período indefinido. Tendo nestes intres un grado de incapacidade física recoñecido do 92%.

  "Polo tanto - segundo recolle á Sentenza - e crara a situación de discapacidade física sufrida polo Sr. González González de 61 anos de edade, que lle obriga a desprazarse en cadeira de rodas de xeito permanente e que seu actual estado de saúde require seu desprazamento obrigatorio o centro de diálise 3 días a semana. Estes feitos non son discutidos pola administración demanda.

  Tamén resulta probado e admitido pola demandada que á vivenda do Sr. González atópase ubicada na Rúa Baixo Muro, de A Guarda. Tódolos accesos a esta vivenda están constituídos por escalons en todas e cada unha das rúas que o arrodean, o que lle impide non somentes saír á rúa con normalidade, senon que lle dificulta de unha maneira gravosa seus desprazamentos o centro médico en ambulancia, o non poder acceder ás inmediacións do seu fogar, tendo que ser trasladado o Sr. González, en peso, polo conductor da ambulancia axudado pola esposa, a traverso de seis escalons, co conseguinte risco que supón esa manobra para todos eles. 

   Segundo se reflicte na Sentenza 56/14, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1, de Pontevedra, queda constancia da normativa aplicable, segundo o disposto na Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igoaldade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade das persoas con discapacidade, que no seu artigo 1, dispón: "Esta lei ten por obexecto estabrecer medidas para garantir e facer efectivo o dereito á igoaldade de oportunidades das persoas con discapacidade, conforme os artigos 9.2, 10, 14 e 49 da Constitución (...)".

 Tamén se fai fincapé en que á normativa recóllese igualmente na lei 8/97 de 20 de agostpo de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, en cuxo artigo 1, sinálase como obxecto "(...) garantir ás persoas con movilidade reducida ou calquer outra limitación á accesibilidade e utilización do entorno urbán, de edificios, medios de transporte e sistemas de comunicación sensorial.

 O control do cumplimento da normativa de aplicación na materia e o estabrecemento do correspondente rexíme sancionador para ás infraccions cometidas (...)".

  Asemade, "(...) definindo no seu art. 3 os efectos de aplicación da presente lei, ás seguintes definicións:
b) Enténdense por barreiras calquer impedimento, traba ou obstáculo que limite ou impida o acceso, á libertade de movimento, á estancia, á circulación e a comunicación sensorial das persoas con movilidade reducida ou calquer outra limitación. As barreiras clasifícanse en: 
- Barreiras arquitectónicas urbanísticas (BAUR): son aquelas barreiras existentes nas vías e espazos libres de uso público."

   Sobor da clasificación precedente, no apartado segundo dos Fundamentos de Dereito, indícase: "Neste suposto o pai da demandante presenta unha incapacidade física do 92% tal e como se acredita co certificado de grado de discapacidade emitido pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, que se aporta coa demanda, tendo dereito a levar unha vida independiente e normal de acordo cos principios que se recollen na normativa citada.

 Igoalmente de acordo coa devandita normativa á administración demandada ten á obriga de garantir que efectivamente o Sr. González non sufra ningunha discriminación pola súa incapacidade, asegurando o cumplimento do principio de igoaldade de oportunidades. Obriga que ven recollida non soio con carácter xeral nos preceptos citados senón que a Disposición Adicional Primeira da Ley 8/97 dispón que: As correspondentes administracións públicas galegas elabourarán os plans de adaptación e supresión de barreiras previstas na presente lei no prazo de dous anos desde súa entrada en vigor. Estes plans serán revisados cada cinco anos e o prazo para súa realización non superará os dez anos.

 E decir fixa un prazo á administración demandada de dous anos desde á entrada en vigor da mesma (29 de novembro de 1997), para á adaptación e supresión das barreiras previstas na presente lei, entre as que se atopa a que afecta ao Sr. González, e non soio a él, dado que estamos diante dunha barreira arquitectónica (art. 3) que pode afectar a outros cidadans que viven nesa rúa a cal soio se pode acceder a traverso de escalons e que é un problema que xa existía con anterioridade ao ano 1997 pois estamos falando de unha zoa do casco vello de A Guarda. Fixando para súa realización un prazo de 10 anos. 

 A vista do expedente administrativo o Concello demandado non cumpliu esta obriga, non soio non elabourou un proxecto para remediar esa situación dentro do prazo de dous anos, senón que na data da recramación da demandante ainda non levou a cabo ningunha actuación para remedia-los (...)".

 Na sentenza consta igoalmente que á filla de Valentín González González "(...) presentou diante do Concello unha petición similar en data 14 de xuño de 2012 coa que aportaba un proxecto con unha proposta de rampa do arquitecto Ignacio Martínez Rodríguez.

  Este proxecto foi rexeitado en un informe técnico do departamento de urbanismo do Concello, elabourado polo arquitecto municipal que si ben recoñece que se axusta en liñas xerais á normativa vixente sobre accebilidade, considera que non é o axeitado ao lugar, entre outros motivos porque altera gravemente á configuración espacial do espazo público desa rúa. Pero este mesmo informe propón unha opción alternativa que non se levou a cabo, nin siquera se aprobou (...)".

Ningún comentario:

Publicar un comentario