O CEIP Nº1 DE TUI CONTA
XA COA SÚA PROPIA COOPERATIVA ESCOLAR, NO MARCO DO PROGRAMA EMPRENDER NA MIÑA ESCOLA, QUE IMPULSA A
DEPUTACIÓN
O luns recibirán a acreditación correspondente nun acto que se celebrará no propio centro escolar
·
Mister Shop elaborará diferentes
produtos e poraos á venda, destinando parte dos beneficios a unha organización
con fins sociais
O centro plurilingüe CEIP Nº 1 de Tui conta xa coa súa propia cooperativa
escolar. Alumnos de sexto de primaria foron quen de constituírse en cooperativa
despois de todo un proceso de traballo que están a desenvolver no marco do
programa Emprender na Miña Escola,
que promove a Deputación de Pontevedra coa colaboración da Consellería de
Educación.
Este programa pretende desenvolver hábitos e comportamentos emprendedores
entre o alumnado, facilitando a súa integración social de xeito mais eficaz e
satisfactoria á vez que se favorece o desenvolvemento de competencia básicas como
son a competencia en comunicación lingüística; matemática; no coñecemento e interacción
co mundo físico; no tratamento da información; na relación e comportamento social
e cidadá; cultural e artística, así como aprender a aprender e mellorar a autonomía
e iniciativa persoal.
Constitución da
cooperativa
Os 26 alumnos de sexto de primaria que participan no proxecto foron quen de
reunirse e celebrar a asemblea constituinte onde se elixiron democraticamente
os postos da xunta directiva, (presidente/a, secretario/a e tesoreiro/a). Ademais,
tamén se organizaron os demais membros por distintos departamentos
(mercadotecnia, calidade do produto, imaxe da cooperativa, relacións públicas…
etc), tal e como estaba previsto no cronograma do proxecto.
Os membros da cooperativa, á que bautizaron como Mister Shop, aportaron o capital inicial e incorporaron nos seus
estatutos a cláusula de responsabilidade
social onde indican que parte dos seu beneficios irán destinados a unha
organización con fins sociais.
Despois de todo este traballo e de rexistrar os estatutos na Deputación de
Pontevedra, os escolares recibirán o luns, nun acto que terá lugar no propio
dentro, a Tarxeta de Inscrición como Cooperativa Escolar.
O acto terá lugar ás 10,00 horas e contará coa participación do deputado
provincial e alcalde de Tui, Moisés Rodríguez; o Técnico do Proxecto Eme Cooperanova da Deputación de
Pontevedra, Miguel Panette; así como persoal docente e de dirección do Colexio
CEIP Nº 1 Plurilingüe de Tui e os membros da cooperativa “Mister Shop”.
Unha vez constituída formalmente, os membros da cooperativa crearán o seu
produto e porano á venda, destinando parte dos beneficios a unha organización
social.
Ningún comentario:
Publicar un comentario