28 de mar. de 2014

TUI

RAÚL PEREIRA PINTO ABELEDO, DO CLUB BALONCESTO TUI, CONVOCADO POLA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO


 Club Baloncesto Tui

  Despois de ser chamado varias veces para adestrar coa Preselección Galega de Minibasket, o xogador alevín do Club Baloncesto Tui, Raúl Pereira  Pinto Abeledo, acaba de ser convocado pola Federación Galega de Baloncesto  para formar parte da Selección Galega de Minibasket masculino no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se celebrará entre os días 12 e 16 de abril en San Fernando, Cádiz. 

 Previo a este Campionato de España, Raúl defenderá a camiseta da Selección Galega  este vindeiro fin de semana, 29 e 30 de marzo, frente ás seleccións de Castela e León, Euskadi e Madrid no Torneo Mini de Miranda do Ebro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario