A Xunta de Goberno aprobou as bases dos programas
Pensa en Ti e Ti tamén contas
A DEPUTACIÓN DESTINA 529.000 EUROS A DE 440 ACTIVIDADES FORMATIVAS
DIRIXIDAS A ASOCIACIÓNS DE MAIORES E MULLERES
A Deputación de Pontevedra destina 529.000 euros á
organización de 440 actividades formativas dirixidas a asociacións de maiores e
de mulleres.
A Xunta de Goberno aprobou onte as bases reguladoras
dos programas Pensa en Ti e Ti tamén contas, no marco do cal se
desenvolverán as citadas actividades.
A deputada Marta Iglesias subliñou, na rolda de prensa
posterior á Xunta de Goberno, que se trata de dous programas que están tendo un
considerable éxito e que cada ano aumenta a demanda de participación, tanto por
parte das asociacións que solicitan os cursos como dos participantes nos
mesmos. Así, en na edición de 2013 foron máis de 12.000 as persoas de 500
asociacións de toda a provincia que as participaron nestes cursos.
O programa Pensa en
ti, dirixido a asociacións de mulleres, contará cun orzamento de 329.000 en
el ofertaranse 274 actividades.
Outras 166 ofertaranse no marco do programa Ti Tamén Contas, ao que poden acollerse
as asociacións de maiores.
Nos dous casos, tal e como salientou Marta Iglesias, ademais da súa función
formativa, os cursos teñen un notable “compoñente de socialización”, xa que
tratan de evitar o illamento de moitos maiores e amas de casa, ofrecéndolle no
seu contorno máis próximo actividades que poidan resultar do seu interese e que
os “animen a saír da casa, recuperar amizades, relacionarse cos veciños”.
Nesta liña, a deputada provincial recalcou que a Administración provincial
chega con estes cursos a parroquias, lugares e concellos da provincia nos que
ningunha outra entidade ofrece actividades.
Os cursos terán unha duración de 30 horas, repartidas en dúas horas
semanais, e abarcan temáticas que van desde as áreas de manualidades, arte e
bricolaxe; cociña, agricultura e elaboracións artesanais; desenvolvemento
persoal e saúde física e mental; cultura tradicional, música e baile; novas tecnoloxías,
cursos de photoshop e retoque fotográfico; informática práctica; idiomas;
actividades artísticas; xestión administrativa; técnicas de venda; primeiros
auxilios,….
Unha vez publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia, as
asociacións que desexen solicitar algunha das actividades disporán dun prazo de
30 días para poder facelo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario