A FEDERACIÓN GALEGA DE PESCA RECREATIVA RESPONSABLE (FEDPEMAR), CELEBROU SÚA ASEMBLEA XERAL ANUAL NA VILA DE A GUARDA
A Asociación O Buxeiro e o concello guardés foron os anfitrions deste evento
Vista parcial do salón de actos no decurso da Asemblea de FEDPEMAR - Foto: Ricardo Rodríguez Vicente
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Procedentes de diversas vilas galegas, medio cento de representantes de
diversas asociacións integradas na Federación Galega de Pesca Marítima
Responsable e Náutica de Recreo (FEDPEMAR), reuníronse na mañá do sábado día 8
de febreiro de 2014, no salón de actos do Centro Cultural e Social de A Guarda, onde celebraron a Asemblea Xeral Ordinaria de 2014.
A asemblea comezaría coa intervención do alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, que relembrou ás orixes da súa afección como pescador de cana.
Na asemblea de FEDPEMAR participaron representantes de diversas asociacións de Galicia - Foto: Ricardo Rodríguez Vicente
A continuación, logo dunha breve benvida de José Luis Morais Martínez (Chiño), presidente da Agrupación O Buxeiro, de A Guarda, entidade anfitriona nesta ocasión, o presidente de FEDPEMAR entregou senllas metopas como agradecimento ao Concello de A Guarda e ao presidente de O Buxeiro, polas súas respectivas colaboracións. O alcalde correspondeu coa entrega dunha metopa do concello guardés o presidente de FEDPEMAR.
José Antonio Beiro Diz - á esquerda da imaxe - entregándolle unha metopa de FEDPEMAR a José Luis Morais Martínez (Chiño) - Foto: Ricardo Rodríguez Vicente
E sen máis, preámbulos daría comezo a Asemblea Xeral Anual de FEDPEMAR, presidida por José Antonio Beiro Diz, e acompañado polo Vicepresidente 1º José Ramón Castro Soto; Tesoreiro: Antonio Rodríguez Pérez; Secretario: Francisco Santos González; os Vogais: Eugenio Alonso Jalda e Juan González Pérez; e José Luis Morais Martínez (Chiño), da Agrupación O Buxeiro, de A Guarda.
A asemblea transcorreu con absoluta tranquilidade, sendo aprobados por unanimidade os asuntos máis importantes incluidos na orde do día (aprobación do acta da sesión anterior, balance económico do anterior exercicio e orzamento para o ano 2014). Logo de algunhas intervencións no apartado de rogos e preguntas, que trataron sobre temas específicos, como seguros e sinistros de embarcacións, daríase por concluída a asemblea xeral anual 2014 da FEDPEMAR.
Intres despois, os participantes nese evento visitarían o Museo do Mar de A Guarda, e rematarían a xornada con un almorzo de confraternidade en un coñecido restaurante de A Guarda, vila de referencia no ámeto da mellor gastronomía de Galicia.



Ningún comentario:
Publicar un comentario