CONVERXENCIA GALEGA RECRAMA UNHA SOLUCIÓN O PROBLEMA DA RÚA VICENTE SOBRINO
Dende fai algún tempo, os veciños/as da rúa Vicente Sobrino, especialmente os máis próximos a intersección ca rúa Pacífico Rodríguez, veñen queixándose (sin ser escoitadas as súas reclamacións) sobre a situación dunha vivenda na que en calquer momento pode producirse unha desgracia, xa que a súa seguridade ponse en tela de xuicio polo estado de abandono que presenta, sen que dende o Concello se tome ningunha medida para garantir a integridade das persoas que transcurren por esta rúa, unha das máis céntricas da nosa localidade, que podería ser un dos “atraíntes turísticos” como modelo do feísmo no noso pobo en canto a abandono e deixadez de quen ten a responsabilidade de tomar as medidas axeitadas nestes casos.
Nestes días de tormenta, a gravedade da situación é máis palpable, xa que unha parte do séu teito “provisional” está ameazando con saír voando, podendo provocar un grave problema, xa que non se poide esquecer que a súa veira existe un colexio e é sitio de paso para o séu alumnado. Así mesmo, pola outra medianeira, existe un hotel, donde polo que parece, moitos dos séus usuarios recollen fotografías desta situación, cousa que non favorece para nada as “campañas turísticas” desenrroladas dende o Concello para potenciar o turismo na nosa localidade.
Reportaxe fotográfica: Grupo Municipal Converxencia Galega
E de destacar que o Equipo Municipal do PSOE, ten coñecemento dabondo deste problema dende fai tempo, xa que en diversas ocasións ten recibido as queixas do vecindario, sen que a día de hoxe se hubera tomado ningún tipo de medida non só de limpeza e adecentamento da súa fachada, senón tamén, e fundamentalmente, da seguridade do armazón de dita vivenda.
A Guarda, a 06 de Febreiro do 2014
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
A Guarda

.jpg)
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario