2 de feb. de 2014

A GUARDA

INMINENTE PERIGO 

Á CUBERTA DE UN INMOBLE SITO NA RÚA VICENTE SOBRINO ESTÁ PARCIALMENTE DESPRENDIDA

- Existe a posibilidade de que unha chapa metálica poida cair á vía pública e causar danos persoais e materiais

       Na imaxe, un notorio exemplo de feísmo urbanístico, en pleno centro da vila de A Guarda, que ademáis supón un evidente perigo para os usuarios da vía pública - Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

  En máis ocasións das que sería humanamente aceptable, moitos cidadáns temos á convicción de estarmos soios fronte o perigo. Totalmente desamparados. Sen que saibamos porqué motivos, algunhas persoas con representación pública, retribuidas con  cárrego ás facendas igoalmente públicas, non teñen presuntamente o celo que deberían ter, para evitar que teñan que ser os mesmos cidadáns os que se vexan na necesidade de ter que subliñar os lugares onde existen serios indicios de perigo para os transeúntes. Un exemplo do que decimos, témolo n´un inmoble - exemplo notorio de feísmo urbanístico - sito na rúa Vicente Sobrino, nº 14, lindando con un establecemento hostaleiro e con un centro de ensino. 

  De acordo coas testemuñas gráficas que nos foron amosadas esta semana - e que un veciño quedou en remesarnos o noso enderezo electrónico ainda que por razóns que descoñecemos, non as chegamos a receber -, á cuberta de chapa metálica do devandito inmoble, está parcialmente desprendida das súas anclaxes, feito probablemente debido á forza do vento rexistrado nas semanas precedentes. Diante desa realidade, perfectamente comprobable desde algunhas vivendas próximas, propomos que ás autoridades competentes insten á propiedade do aludido inmoble a que sen ningún tipo de demora adoite ás medidas pertinentes, efectuando ás reperacións necesarias que contribúan á garantir á integridade física das persoas que transitan pola rúa Vicente Sobrino e adxacentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario