ESQUERDA UNIDA DE A GUARDA CELEBRA ESTE SÁBADO UN ACTO NA GUARDA, EN DEFENSA DAS PENSIÓNS
Dentro da campaña informativa en defensa das pensións que Esquerda Unida está a celebrar, este sábado 8 de febreiro, ás 19:00 h., no Centro Cultural de A Guarda, terá lugar un acto informativo, coa intervención do deputado de Alternativa Galega de Esquerda, Juan Fajardo e o Coordinador Comarcal José Cuevas.
Con estes actos Esquerda Unida pretende informar á veciñanza de A Guarda das verdadeiras razóns e intencións das reformas do sistema público de pensións, iniciadas polo PSOE e continuadas polo Partido Popular, así como as repercusións de ditas reformas nas pensións actuais e futuras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario