30 de xan. de 2014

O ROSAL

O BNG do Rosal di que Louzán vendeu fume co anuncio do aparcamento subterráneo
  “O alcalde recoñeceu que só hai o que Louzán declarou á prensa”, di Alberte Alonso Pereira

Alberte Alonso Pereira Voceiro Municipal e Responsábel Local do BNG
       
       Infogauda / O Rosal
  O BNG do Rosal di que as declaracións do presidente da Deputación de Pontevedra o pasado 15 de xaneiro, nas que anunciou a creación dun aparcamento subterráneo na praza do Calvario, son únicamente fume.

  Así se desprende da resposta do Alcalde a unha pregunta feita no pasado pleno, no que os nacionalistas pediron ao rexedor que dixera onde estaba o anteproxecto, que orzamento tiña, quen asumiría o custe da obra e se consideraba, na actual situación económica, unha actuación prioritaria para O Rosal.

  O voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, indica que a resposta do alcalde a todas as preguntas foi que non existía nada, e que foron unhas declaracións do señor Louzán á prensa, das que era dono o propio presidente da Deputación e non el.

  Para os nacionalistas, en definitiva, o que fixo Louzán foi vender fume, como nel é habitual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario