29 de xan. de 2014

DEPORTES

COMPOÑENTES DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA CORRERON O PASADO DOMINGO, EN FRIOL (LUGO)

Reportaxe fotográfica: Sociedade Atlética do Trega
                                      

    Sociedade Atlética do Trega / A Guarda
  
  Nunha mañá chuviosa e fría, celebrouse o Campionato Galego de Campo a Través Curto por Clubs (Promesas Sénior e Veteranos). Campionato Galego de Campo a Través Cadete e Xuvenil e Memorial Alejandro Lorenzo categorías menores.



  O circuito foi vistoso para o público sendo a participación máis que aceptable.

  A carreira sénior veteranas mulleres foi moi competida e a sénior veteranos homes foi preciosa pola excelente calidade e participación. 




  O circuíto co paso das diferentes carreiras converteuse nun barrizal. Lamentar a falta de auga quente nas duchas.
Qué pasou cos tempos ou distancia na carreira do campo a través corto homes? 

  A actuación dos atletas do club foi aceptable, pero esperábamos mais de Vania que fixo unha mala saída e Ariana que afogaron no barrizal. 

 Chapó pola participación. Agora a preparar o Campo a través da Integración para o día 9/02/2014 no camping de Salcidos (A Guarda).

Ningún comentario:

Publicar un comentario