As
escolas deportivas de marcha contan con máis de 150 alumnos
A DEPUTACIÓN ENTREGA
18.000 EUROS Á FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO PARA DISTINTAS ACTIVIDADES
DEPORTIVAS
A deputada
Begoña Estévez reuniuse esta mañá co presidente da Federación Galega de Atletismo,
Isidoro Hornillos, ao que lle fixo entrega de dúas resolucións polas que a
Deputación lle concede apoio económico para o financiamento do Campionato
Galego Absoluto de Atletismo e para as escolas deportivas de marcha atlética.
A achega da
Deputación para estas dúas actividades ascende a un total de 18.000 euros, dos
cales 16.000 corresponden ás escolas de marcha –hoxe fíxoselle entrega dos
últimos 6.000, dado que 10.000 xa lle foran entregados anteriormente– e os
2.000 restantes para o campionato galego, que tivo lugar este verán en
Pontevedra.
As escolas deportivas de marcha atlética están
implantadas en catro concellos da provincia e contan con máis de 150 alumnos.
Iniciaron o seu funcionamento en 2009 e, desde entón, o número de inscritos non
parou de medrar, de forma que a día de hoxe preto de 500 nenos e nenas
participaron nestas actividades, que agora botan de novo a andar para o curso
2013-2014.

Ningún comentario:
Publicar un comentario