3 de out. de 2013

PONTEVEDRA

A EXPOSICIÓN “ISO SEGUE O SEU CURSO 2013” AMOSA OS TRABALLOS DOS ALUMNOS DO MÁSTER DE CREACIÓN E INVESTIGACIÓN DE BELAS ARTES
·       A inauguración será as 20.00 horas desta tarde coa presenza de Rafel Louzán, Salustiano Mato, e Jesús Vázquez Abad

·       As obras corresponden a 15 alumnos do mestrado e tocan tódolos xéneros e materiais da actualidade

Os alumnos do Máster en arte contemporánea, creación e investigación da facultade de Belas Artes de Pontevedra expoñen dende hoxe os seus traballos no Sexto Edificio do Museo. Unhas obras que deixan ao descuberto todos os puntos de vista artísticos propios dos tempos actuais como así salientou a deputada provincial Ana Isabel Vázquez en rolda de prensa xunto o decano da facultade, Juan Carlos Meana.
Os traballos corresponden a 15 alumnos que remataron o mestrado, abordando todos os xéneros e inquietudes de cada un deles, dende instalacións combinadas con vídeo e autorretratos da artista Montse Cea; imaxes informáticas en movemento onde se consegue o estatismo (Venus del iPhone de Daniel Cerecedo), pasando polos bosquexos e retratos da propia da familia dunha das autoras, María Cristina Fernández; ata empregar iconas do capitalismo, paisaxes de ensoño, ou unha táboa de surf que capta a ola perfecta símbolo, en palabras de Meana, do culto ao mar, e como xeito de plasmar o que denomina como “vangardas históricas”.
Inauguración
Este ano ábrese a exposición coincidindo coa presentación do catálogo, elemento non menos importante para poder comprender as obras a través das reseñas que fan cada un dos artistas, e que xeito en palabras de Meana de “comunicar ademais da forma, coa palabra”.
Na roda de prensa, Ana Isabel vázquez destacou o apoio da Deputación de Pontevedra á hora de colaborar tanto con alumnos como profesores, todos eles artistas, á hora de promulgar todas as manifestacións culturais, como así seguirá facendo en vindeiras edicións. Dende a Deputación a cultura con pode pasar desapercibida, é símbolo de identidade e das raíces galegas.

Esta tarde será a inauguración ás 20.00 horas, que contará coa presenza do presidente da Deputación, Rafael Louzán; o reitor da Universidade de Vigo Salustiano Mata; o conselleiro de cultura e educación, Jesús Vázquez Abad; e o decano da facultade de Belas Artes, Juan Carlos Meana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario