O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA DÍ
NON O CO-PAGO SANITARIO HOSPITALARIO
No paquete de medidas fiscais e de aforro do
Goberno, cada vez son maís os que sufren as consecuencias de esta recesión que
non deixa de crecer e deixa de lado os que menos teñen. As familias mais necesitadas, máis desestructuradas
xa veñen soufrindo dende fai tempo as consecuencias dunhas serie medidas que se
están levando por diante a clase media e deixando cada vez máis, máis
marxinados “como efectos colaterais” dos seus efectos.
O sistema actual, conleva que se teñan que tomar
medidas para os servicios de axuda no fogar, e demais áreas sociais teñan que
levarse unha parte dos presupostos municipais, namentras os aportes das
Administracións, Central Autonómica e Provincial cada vez se reducen máis.
Neste momento, os efectos co nesta medida que
entrará en vigor a principios do ano, sobre un grupo de medicamentos que se
dispensan nos hospitais a pacientes crónicos, están reflexando no co-pago sanitario-hospitalario,
carga que será especialmente duro para estes enfermos que perciben pensións
mínimas. Según o publicado no B.O.E.
tódolos medicamentos estarán suxeitos a un copago máximo do 10% do séu precio,
cún tope máximo de 4,20 euros por envase. ¿Cantos medicamentos toman os
enfermos crónicos?
Pero é máis, a medida, tamén afectará no caso das
prótesis, así como tamén no pago compartido do transporte sanitario non
urxente, o cal afectará aos enfermos que acuden a diálisis, quimioterapia ou
rehabilitación.
En moitas situacións, imos atopar enfermos que cos
séus escasos recursos, non van poder adquirilos o que conlevará que baixe a súa
calidade de vida, e nalgúns casos, con complicacións tanhto para eles como para
as súa familias.
Diante desta situación, dende CONVERXENCIA GALEGA,
vimos a propoñer ao Pleno do Concello de A Guarda a seguinte MOCION:
1º).- Creación dunha Partida Presupostaria
suficiente cara o ano 2.014, por medio da cal o Concello poida colaborar con
aqueles veciños que aqueixados de enfermedades crónicas e que se encontren en
situación de risco, por falta de recursos para acceder a súas medicinas.
2º).- Elaboración de xeito urxente dunha Ordenanza
Municipal que regule este tipo de prestación municipal
A
Guarda, a 14 de Octubro do 2.013
Beatriz Estévez Álvarez
Concelleira
de Converxencia Galega
Sr.
Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario