A DEPUTACIÓN ADXUDICA 500.000 EUROS A
MELLORA DA CAPA DE RODADURA E SINALIZACIÓN DE 10 ESTRADAS DA ZONA SUR
·
As obras
están destinadas a reforzar a seguridade viaria e a capacidade de freado e
control dos vehículos
A Xunta de goberno
da Deputación adxudicou 500.000 euros dentro do plan de investimentos para a
posta a punto das súas estradas, valorado en 2 millóns de euros. As obras están
destinadas á mellora da capa de rodadura e sinalización de 10 estradas da zona
sur da provincia. Consistirán en distintas aplicacións, todas elas conducentes
a reforzar a seguridade viaria e a capacidade de freado e control dos vehículos
As estradas onde se
traballará son:
• N-550- Lago de Castiñeiras, tramos P.K. 0+000a P.K.
5+500
• Ramal Igrexa de Figueirido, tramos P.K. 0+000a P.K.
0+670
• San Benito- Domaio, tramos P.K. 0+000 a P.K. 2+500
• Acceso Praia de Aguete, tramos P.K. 0+000a P.K. 0+364
• Praia Lapamán, tramos P.K. 0+000a P.K. 0+195
• Praia Lagos, tramos P.K. 0+000a P.K. 0+900
• Praia Beluso, tramos P.K. 0+000a P.K. 0+500
• Sabarís-Belesar, tramos P.K. 0+650a P.K. 1+400
• Tabagón-Rosal-Portecelo, tramos P.K. 0+000a P.K. 1+180
• Lougares-Piñeiro, tramos P.K. 4+820 a P.K. 8+980
A importante
densidade de tráfico que soportan as estradas da provincia durante todo o ano,
provoca que o pavimento na zona de circulación se deteriore polo continuo paso
de vehículos, de aí o compromiso da Deputación por resolver os problemas que
isto ocasiona e reducir o nivel de sinistralidade na comarca.
Uns traballos que
sen dúbida redundarán nunha maior calidade de vida dos condutores que a diario
circulan por estas estradas, e que mellorarán a seguridade viaria, sobre todo
naqueles tramos onde existe maior perigo.
Zona Norte
Con esta acción se
completa a mellora das estradas da provincia como ven facendo a Deputación coas
estradas da zona norte: Na comarca de Pontevedra: En Cotobade, na E.P 0410
Igreza-Loureiro, E.P 0408 Paraños-Trabazo e E.P 0409 Carballedo-Trabazo. En
pontevedra na E.P 0004 Marcón-Pintos A Reigosa, e no concellos de Caldas-Moraña
sobre a E.P 8201 Moraña-Santa Xusta.
En Arousa, se
realizarán obras na E.P 9001 Castrelo-Couto de Abaixo e E.P 9005
Corbillón-Tremoedo en Cambados; E.P 9106
Praia do Carreiro de O Grove; E.P 9210 acceso A Roxique (Sanxenxo); E.P 9301
Dena- Couto de Abaixo (Meaño), E.P 9403 Santo Tomé- San Salvador (Meis) e na
E.P 9703 Vilanova-Pontearnelas no concello de Vilanova de Arousa.
No Deza: na E.P 6003
Soutologo-Doade de Lalín, e na E.P 6203 Negrelos-Pedroso do concello de Rodeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario