A DEPUTACIÓN DESTINA 300.000 € PARA CONSERVATORIOS, ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS E DE ASOCIACIÓNS SEN
ÁNIMO DE LUCRO
A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa xunta de
goberno, as bases de axudas para Conservatorios e Escolas de Música, públicas e
dependentes de asociacións sen ánimo de lucro, que suporán unha cuantía de
300.000 euros.
Para Conservatorios non dependentes da Consellería de
Educación, a Deputación destina 150.000 euros. Para Escolas de Música públicas,
outros 150.000. E, finalmente, para Escolas de Música dependentes de
asociacións ou entidades sen ánimo de lucro, a cuantía aprobada é de 50.000
euros.
As solicitudes para concurrir ás axudas deberán presentarse
nos rexistros da Deputación, nas súas sedes de Pontevedra ou Vigo, nun prazo
que rematará o vindeiro 30 de setembro.
A concesión delas realizaráse en
réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta o número de alumnos
matriculados no curso 2012/2013 (valorase ata 25 puntos); o número de
profesores (ata 15 puntos); o orzamento do conservatorio ou escola (ata 35
puntos); e o grado de desenvolvemento artístico na zona (ata 25 puntos).
As propostas
de concesión destas axudas someteranse ó ditame da Comisión Informativa de
Cultura e á aprobación definitiva da xunta de goberno e do pleno da
Corporación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario