28 de xuño de 2013

O ROSAL

I Concurso de Xóvenes Intérpretes "Antonio Granja"

Este sábado, a partires das 17,00 h. no Auditorio do Rosal



Agrupación Musical do Rosal 

Este sábado, 29 de xuño, a partires das 17,00 h. no Auditorio do Rosal dará comezo o I Concurso de Xóvenes Intérpretes "Antonio Granja", no cal participarán arredor de 30 novas promesas da música.


O concurso convocouse co obxectivo de ser unha motivación para o estudio dos alumnos da escola de música e compoñentes da banda de música da Agrupación Musical do Rosal.
Leva o nome de Antonio Granja en agradecemento a súa inestimable dedicación a Agrupación Musical do Rosal dende a súa creación, sendo sempre a canteira a súa prioridade.



Desarrollarase en tres categorías, a categoría A de 10 a 12 anos, B de 13 a 16 anos e a C a partir dos 17 anos, podendo participar de modo solista ou cámara (dúos, tríos ou quintetos). Os premios consistentes en vales de compra en material musical están patrocinados pola casa de música Ópera Prima.      

Ningún comentario:

Publicar un comentario