ESQUERDA UNIDA PIDE AO CONCELLO DE A GUARDA A
PUBLICACIÓN DO PXOM DE A GUARDA
Esquerda Unida solicita ao concello de A Guarda que se fagan públicos todos os documentos que se van a levar ao pleno para a aprobación inicial do PXOM.
Para Esquerda Unida o proceso de elaboración do PXOM debe de ser un proceso transparente e participativo.
Pero Esquerda Unida non so pide a publicidade por unha cuestión de transparencia, senón que tamén lembra que o artigo 100 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, no seu punto 1 indica que os instrumentos de ordenación urbana, con todos os seus documentos, tanto si se atopan aprobados como durante a súa tramitación, serán públicos, e polo tanto non é necesaria a súa aprobación inicial para a súa publicación. Para Esquerda Unida o PXOM de A Guarda está
nunha fase de tramitación previa á aprobación inicial, polo que deberían de ser públicos tal como dí a lei, para que non so uns poucos coñezan a información que contén o plan.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario