VENDA DE PRODUTOS DAS COOPERATIVAS “O PORTIÑO” E
“SOLATERRA” DO COLEXIO AS SOLANAS DE A GUARDA, DENTRO DO PROXECTO “EMPRENDER NA
MIÑA ESCOLA EME COOPERANOVA”
Infogauda / A Guarda
Co obxectivo de difundir a cultura emprendedora entre o alumnado de
primaria dos centros educativos da provincia, a Deputación Provincial está a
desenvolver, no curso académico 2012-2013, o proxecto educativo “Emprender na miña escola EME – COOPERANOVA”, que conta coa
colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da
Xunta de Galicia.
“Emprender na miña Escola
– EME Cooperanova” é un
proxecto educativo dirixido o alumnado de Educación Primaria da provincia de
Pontevedra que consiste na creación e xestión dunha cooperativa escolar.
O obxectivo deste proxecto é desenvolver hábitos e comportamentos
emprendedores entre o alumnado, facilitando a súa integración social de xeito
mais eficaz e satisfactoria á vez que se favorece o desenvolvemento de
competencia básicas tales como:
-
Competencia en comunicación lingüística
-
Competencia matemática
-
Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico
-
Tratamento da información e competencia dixital
-
Competencia social e cidadá
-
Competencia cultural é artística
-
Competencia para aprender a aprender
-
Autonomía e iniciativa persoal
Na terceira, e derradeira fase deste proxecto para o curso 2012 e 2013, o
alumnado realizou as seguintes tarefas para chegar o obxectivo final da venda
dos produtos elaborados:
-
Fabricación de produtos
-
Etiquetado e envasado
-
Política de prezos
-
Organización e deseño do punto de venda
-
Preparación do mercado e solicitude do permiso de venda
O vindeiro 22 de xuño de 2013, as cooperativa “O Portiño” e “Solaterra” do Colexio
As Solanas de A Guarda realizarán a venda dos seus produtos no mercado de A Guarda:
22 de xuño MERCADO EME
COOPERANOVA EN A GUARDA
ACTO: Mercado Eme Cooperanova en A Guarda
LUGAR: Feira de A Guarda (A Guarda)
DATA: 22 de xuño de 2013
ASISTENTES:
-
Pablo Baquero Alvarez (Deputado Provincial)
-
Fanny Iglesias (Portavoz do PP no Concello de A Guarda)
-
José Manuel Domínguez Freitas (Alcalde de A Guarda)
-
Miguel Panette Fernández (Técnico da Deputación do Proxecto Eme
Cooperanova)
-
Alumnado membro das cooperativas “O Portiño” e “Solaterra”
-
Directora e titores do colexio As Solanas de a Guarda
CRONOGRAMA DO ACTO
10:30 Recepción de autoridades.
10:35 Entrega do permiso de venda polas autoridades ó/á
presidente/a da cooperativa.
10:40 Visita ós stands das Cooperativas “Solaterra” e “O
Portiño”.
Para facer un seguimento pormenorizado do proxecto “Emprender na miña
escola - EME COOPERANOVA pódese
consultar a páxina da Deputación ou no enlace correspondente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario