11 de maio de 2013

PONTEVEDRA

Os asistentes recibirán un certificado de asistencia con aproveitamento ao Curso de Formación Continua en Dirección e Xestión dun Club Deportivo

OS DÍAS 24 E 25 DE MAIO CELEBRARASE NA ESCOLA DE CANTEIROS  A 2º EDICIÓN DO I CURSO DE FORMACIÓN EN DIRECCIÓN E XESTIÓN DE CLUBS DEPORTIVOS QUE PROMOVE A DEPUTACIÓN
·       A entidade provincial destina 15.000 euros a esta actividade formativa
·       Impartiranse 6 cursos a través dos cales se formarán 240 persoas.

Os vindeiros días 24 e 25 de maio desenvolverase a segunda edición do «I  curso de Formación Continua en Dirección e Xestión de Clubs e Entidades Deportivas», enmarcado dentro do  Plan de Formación de Técnicos Deportivos 2013 e que conta cunha aportación da Deputación de 15.000 euros.
Esta iniciativa ten por obxecto, proporcionar formación sólida e de calidade ós directivos; contribuír a unha configuración curricular alternativa dos asistentes; a mellora da calidade xestora dos clubs, mediante a formación teórico-práctica, dos directivos; comparar e analizar os modelos de xestión utilizados nos clubs; salientar a importancia de utilizar unha correcta pedagoxía e didáctica do deporte; e identificar as demandas e necesidades reais dos directivos de clubs. 
Ofertarase 40 prazas por curso e un total de 6 cursos o que supón a formación de 240 persoas. Os cursos celebraranse entre abril e decembro. Todos eles terán lugar nas instalacións da Escola de Canteiros da Deputación situada en Poio.  Os destinatarios dos mesmo serán os directivos e técnicos deportivos dos distintos clubs da provincia de Pontevedra. As clases son impartidas por profesores de distintas universidades galegas; profesionais do deporte de recoñecido prestixio; e técnicos da Administración.
Nesta segunda edición está prevista  participación de representantes do C.D. Padel Feminino Cies; Club Balonmán Deza; Club Baloncesto Arxil; Club Cisne Balonmán; Asociación Deportiva Propontelo; Club Poio Fútbol Sala; Escola Fútbol Base Portonovo; Asociación Xuvenil Saraiba do Mar; Escola Fútbol Base Portonovo; Club Baloncesto Redondela; Club Waterpolo Galaico Pontevedra; C.D. Choco; Club Peña Trevinca Montañeiros De Galicia: Alondras C.F.; Goian C.F.; Monte Real Club de Iates Baiona; Club Ciclista Rías Baixas; Club Deportivo Covelo F.S.; Club Deportivo Covelo F.S.; Covelo Club De Fútbol; Club De Remo Vila De Cangas; Vea C.F.; Club Baloncesto Dorna; Club De Pesca As Joritas; Marcón Atlético; Club Natación Sanxenxo; Club Baloncesto Río Ulla; Club Náutico Punta Lagoa; Real Club Náutico De Vigo; e Escola Deportiva Municipal Estradense.
Ante a gran demanda de participación que está rexistrando esta actividade, existe unha lista de reserva con 10 interesados en asistir ó curso que entrarían se houbera baixa dalgún dos seleccionados.
Con respecto ós horarios, a actividade formativa desenvolverase os venres, de 16:00 a 20:00 horas; e os sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Os asistentes recibirán un certificado de asistencia con aproveitamento ó Curso de Formación Continua en Dirección e Xestión dun Club Deportivo.
· 1º edición. Pontevedra, 26-27 de abril 2013
· 2º edición. Pontevedra, 24-25 de maio 2013
· 3º edición. Pontevedra, 27-28 de setembro 2013
· 4º edición. Pontevedra, 25-26 de outubro 2013
· 5º edición. Pontevedra, 29-30 de novembro 2013
· 6ª edición. Pontevedra, 13-14 de decembro 2013

Ningún comentario:

Publicar un comentario