O SINDICALISTA AXITADOR E O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN
Yoli Ví
Ai Rafael, que cachondos sodes! Coa que está a
caíndo e coas desgrazas que estamos a vivir, non facemos outra que rir coa de
chistes que contades tanto ti coma os da tua troupe….
Primeiro nos saes coa do comando, comando de xubilados, enfermos, minusválidos, menores, iso sí, persoas. Persoas estafadas por un banco nacido dunha fusión que o teu presidente se empeñou en levar a cabo a costa da nosa suor e dos nosos aforros ja, ja, ja, ja,…
Agora arremetes contra Xulio Vicente coma si ser sindicalista fose un delito penado por lei, o certo é que imos ter coidado coas fotos que nos fagan ó seu carón, non sexa que co tempo nos xoguen unha mala pasada coma as de Feijoo co narcotraficante (vamos, que non paramos de rir).
Por non falar do circo que tedes montado querendo ir de víctimas: o salto pola fiestra, os desplegues policiais en Silleda e Ponteareas,… Cóntanos outro chiste e dinos a canto ascendeu económicamente, seguro que si facemos contas, a suma dos aforros que nos estafaron equilibraría os pratos da balanza… (vamos, un show!) os alcaldes de Tui e o Rosal, aínda están vivos e non lles deu por semellante teatro…
Segue co teu monólogo Louzán, isto é millor que o clube da comedia, resulta que os recurtes en sanidade, en educación, as promesas incumpridas en campaña, o expolio dos nosos aforros, que no parlamento votedes en contra da ampliación das arbitraxes, e un longo etc. de despropósitos, non son os que desgastan o teu partido, son as actuacións de Xulio as que o fan, joder Xulio, mira que eres importante!!!! (ai Louzan, xa non podo respirar con tanta risa).
Os antecedentes do “sindicalista” falan por sí, nembargantes que sexas o único cargo do PP que non fixo público o seu patrimonio, non é significativo en absoluto! (ai que me mexo!).
Sabes que son as hemerotecas? Mira ben as fotos, ou faite revisar as dioptrías, porque quen lle refrescou os papeis a Nelson non foi Xulio, revisa tamén os contratos que sacou Xulio en televisión e que demostran que non é él o único afectado, tamén o están o seu pai maila súa nena (levan ano e pico rindo, e agora contigo están que rebentan).
Tes razón presi, estou convencidísima de que Xulio non ten ningún interés en que lle devolvan o seu, moitísimo menos entón en que nós recuperemos o noso. Por supostísimo, cae de caixón que o único interés que ten este home é político, calquera día ocúpache o posto na deputación, co “desgaste do PP” xa non se desgastan as nosas vidas, as nosas familias, a nosa saúde… (créme Rafael, que xa me tremen as moas con tanta risa).
Arranxade isto e deixádevos de contar chistes, xa veredes como esas palmas do BNG coas que soñaches se fan realidade contigo e cos teus (si me ensinas como, ata aprendo a darche palmas coas orellas). Deixa esa persecución, esquece esa caza de bruxas que xa estamos cheíños de rir contigo!
Entre ser un sindicalista axitador profesional, e ser Presidente da Deputación, nos estás a poñer moi fácil a elección! Non somos quen de ser tan graciosos!
Sorpréndenos: cumpre aquelas palabras dadas por Nava Castro e por Feijoo en campaña, cando prometeron que si gañaban, todos recuperaríamos os nosos cartos a través das arbitraxes… igual si vemos que sabedes cumprir as promesas, nos entran ganas de chorar, porque de RIR xa estamos fartos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario