EXPONATUR CHEGA Á VILA GUARDESA
Poderá visitarse na Casa dos Alonso, desde o 27 de marzo o 28 de abril de 2013
Infogauda / A Guarda
Desde o día 27 de marzo ata o 27 de abril, a sala municipal de exposicións, sita na Casa do Alonso (Praza do Reló), de A Guarda, acollerá a mostra EXPONATUR, á maior exposición da Natureza, orgaizada pola Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM).
"Tal vez EXPONATUR sexa a mellor exposición das realizadas ata agora por ANABAM, tanto polo material exposto coma pola implicación do número de persoas que participaron na preparación e montaxe da mesma, unha ducia de persoas que puxeron todo da súa parte para que EXPONATUR satisfaga as espectativas de cantos interviron na mesma", dixo Agustín Ferreira Lorenzo, presidente de ANABAM.
"A idea - engadiu Agustín Ferreira - levou xestándose pouco máis dun ano, de feito debería estar en marcha na primavera do pasado ano 2012, pero non foi posible e iso permitiu mellorar tanto a montaxe prevista como o material exposto.
Grande parte deste material foi recollido no Baixo Miño galego-portugués. Algúns levan anos con nós e proceden das saídas de campo que se fan semanalmente, outros foron realizados ou recollidos expresamente para esta exposición.
Non é, esta, unha exposición de carteis nin de simple observación. Tratamos de implicar na mesma ao visitante e ten, certamente, un carácter didáctico, divulgativo e, polo dito, participativo. Para os centros de ensino é unha mostra na que lle poden sacar moito partido, por iso recomendamos a súa visita. Pero tamén está pensada para o público en xeral. Estamos seguros que non deixará indiferente a ninguén (...)".
Ningún comentario:
Publicar un comentario