21 de feb. de 2013

VAL MIÑOR


Posted: 20 Feb 2013 10:19 AM PST
velazquez-014Na miña casa, cando eu era neno, o nome de Velázquez pronunciábase sempre cun arroubo misterioso, cun sacralizado respecto. Velázquez era O Pintor. E se querías saber das razóns, tiñas que acudir ás imaxes dunha pequena biografía súa, cento e poucas páxinas, con tapas duras de cor marfil. Alí, naqueles reis, meninas, criadas, ananos, borrachos e bufóns, albiscábase, excelsa, maxestosa, a Pintura, reproducida no borroso branco e negro de finais dos anos cuarenta do pasado século.
 
Posted: 20 Feb 2013 02:38 PM PST
-O acto organizado por Espazo Lectura e a libraría Libraida terá lugar este xoves 21 de febreiro ás 20:30 horas na libraría (Rúa Rosalía de Castro nº 13)
 
Posted: 20 Feb 2013 02:24 PM PST
O arquitecto Xabier Rivas impartirá un faladoiro sobre "Urbanismo e sustentabilidade" na sede de ANOVA -Irmandade Nacionalista en Gondomar. A mesma terá lugar este xoves 21 de febreiro ás 20 horas no local da rúa Párroco Mariño, Nº 12 baixo.
 
Posted: 19 Feb 2013 07:50 PM PST
A Concelleira de Emprego, o alcalde de Nigrán e a representante da empresa de formación durante a firma do convenio
Esquerda Unida considera pouco serio o convenio firmado polo alcalde de Nigrán para impartir cursos de formación a 200 desempregados de Nigrán, e poñen en duda a súa efectividade.

O concello de Nigán fixo público o pasado luns a firma dun convenio coa empresa privada de formación FEMXA, para ofertar entre 150 e 200 prazas de formación gratuíta e un aceso ao mercado laboral a través de prácticas non remuneradas en empresas.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario