Lamenta que se
amparen actitudes antidemocráticas que impiden o normal funcionamento das
administracións
O PP provincial denuncia o “silencio cómplice” de PSOE e BNG ante os
ataques que están a sufrir os gobernos populares
·
Incide en que esta formación seguirá
plenamente comprometida desde todas as institucións coa defensa dos que
realmente están atrapados polas preferentes
Pontevedra, 27 de
febreiro de 2013.- O PP provincial de Pontevedra
denuncia o silencio cómplice de PSOE e BNG ante a actitude violenta e
totalmente antidemocrática de determinadas persoas disfrazadas de afectados de
preferentes que están a tratar de impedir o normal funcionamento das
administracións locais gobernadas polo Partido Popular e de coaccionar aos seus
alcaldes.
Os populares pontevedreses lamentan que os mesmos que
consentiron que se enganase a milleiros de galegos coa comercialización de
preferentes estando no goberno e ao fronte dos órganos de control, estean agora
a amparar actitudes antidemocráticas que impiden o normal funcionamento das
administracións.
É inaceptable o claro intento de algúns de utilizar o
drama que moitas persoas están a sufrir cun obxectivo de rendibilidade política
e máis aínda cando se está a facer contra o único partido que está a defender
realmente os intereses dos estafados.
Neste sentido, cómpre lembrar que os verdadeiros
responsables desta situación non son outros que os directivos das entidades
financeiras que enganaron aos seus clientes e as persoas que consentiron este
engano desde o Goberno central e á fronte do Banco de España e da CNMW.
Non era o PP o que tiña estas responsabilidades cando se
produciu a comercialización de preferentes, senón o PSOE, que agora pretende
ocultar as súas responsabilidades.
Os populares recalcan que o primeiro que ten que dar
explicacións é o PSOE, aclarándolle a todos os afectados por preferentes para
onde estaban mirando cando desde diferentes entidades de toda España se estaba
colocando este produto a persoas que non cumprían co perfil requirido.
Os populares inciden que en os verdadeiramente afectados
por preferentes só teñen un aliado, que é o PP, que desde o mesmo instante en
que xurdiu o problema se puxo a traballar para darlle unha solución. Foi esta
actitude a que permitiu que máis de 13.000 persoas recuperasen xa o seu diñeiro
pola vía da arbitraxe.
O PP provincial incide en que esta formación seguirá
plenamente comprometida desde todas as institucións coa defensa dos que
realmente están atrapados polas preferentes. De feito, cómpre recalcar que
Galicia non é a única comunidade afectada pola venta de preferentes, senón que
foron entidades de toda España as que comercializaron este produto. No entanto,
se é a Comunidade que máis se implicou desde o primeiro momento na busca de
solucións.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario