27 de feb. de 2013

PONTEVEDRA


COMUNICADO DOS ALCALDES POPULARES

Ante os acontecementos rexistrados na pasada noite no concello do Porriño e a actitude de violencia crecente que algunhas persoas están empregando contra os rexedores locais e os membros do PP, os alcaldes populares da provincia de Pontevedra manifestan:
·       A súa máxima solidariedade e apoio ás persoas afectadas polas preferentes e o seu compromiso firme de defender os seus intereses onde sexa necesario, como veñen facendo desde o minuto un;
·       O máis profundo rexeitamento e condena expresa dos incidentes rexistrados nalgúns concellos da provincia, así como os reiterados intentos, por parte dalgunhas persoas de plataformas de afectados, de boicotear plenos e de impedir o normal funcionamento das administracións locais.
o      Os rexedores locais entendemos que esta actitude non axuda para nada a resolver o problema dos afectados polas preferentes e, ademais, impide que se atendan as demandas e necesidades dos veciños e veciñas de cada concello.
·       Os rexedores lembramos que nin nós nin o PP creamos o problema nin o consentimos. Os únicos responsables son os directivos das caixas que enganaron aos seus clientes e os que permitiron este engano: o PSOE (co apoio do BNG) no goberno central e como responsable dos órganos de control (Banco de España e CNMW).
·       Comprometémonos a seguir traballando como ata o de agora para que todos aqueles que aínda seguen atrapados polas preferentes poidan recuperar o que é seu.
·       Pero non aceptaremos ningún tipo de coacción ou acción violenta nin que se trate de forzarnos a asinar documentos que están totalmente fóra da realidade.
·       Seguiremos instando á Xunta de Galicia a que manteña a vía da arbitraxe, co obxectivo de dar solución a todos e cada un dos afectados.
 En Pontevedra, a 26 de febreiro de 2013
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario