21 de feb. de 2013

O ROSAL


POSICIONAMENTO DO GRUPO DE GOBERNO E DO ALCALDE DO CONCELLO DO ROSAL CON RESPECTO A SITUACIÓN DOS AFECTADOS POLAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES E  SUBORDINADAS DO BAIXO MIÑO

Este alcalde apoiou aos afectados dende o principio cos seguintes feitos:
-          Aprobáronse todas as propostas feitas dende un principio pola plataforma de afectados.
-          O Concello do Rosal foi dos primeiros (ou o primeiro) en poñer á disposición da plataforma un despacho para as súas necesidades administrativas (Cámara Agraria) e unha oficina do I.G.C. para formular as reclamacións e solicitar a vía do arbitraxe (por certo, rexeitada pola plataforma).
-          Dentro de uns días cumplirase un ano que se abriu a oficina de reclamacións neste concello, para atender aos veciños do Rosal e de toda a comarca do Baixo Miño. Fai un ano tamén que a Aedl se dedica case exclusivamente á tramitación de documentación da plataforma (tramitáronse 510 expedientes).
-          Apoio presencial en manifestacións: Baiona, Pontevedra, Santiago.
-          Apoio económico para o transporte de manifestantes (bus).
-          Dende o primeiro momento se concertaron reunións con diferentes responsables políticos. Mantívose unha primeira reunión co presidente da Xunta de Galicia ao inicio da problemática, e se celebraron numerosas reunións periódicas cos anteriores Conselleiro de Economía e Industria e Directora Xeral de Comercio.  
-          Nos últimos dous meses na búsqueda dalgunha solución tiveron lugar as seguintes reunións:
o   07/01/2013: co xerente do Instituto Galego de Consumo, os alcaldes e os representantes da plataforma de afectados.
o   08/01/2013: alcaldes do Baixo Miño con Novagalicia Banco. Vigo.
o   09/01/2013: alcaldes do Baixo Miño cos afectados. Concello do Rosal.
o   11/01/2013: concentración dos afectados na Deputación de Pontevedra
o   16/01/2013: reunión dos alcaldes da Mancomunidade co presidente da Fegamp.
o   18/01/2012: Entrevista dos alcaldes da Mancomunidade co Conselleiro de Economía e Industria en Santiago.
o   25/01/2013: pleno da Diputación de Pontevedra
o   25/01/2013: reunión de alcaldes da Mancomunidade co despacho de abogados de Vigo (información sobre a vía xudixial).
o   29/01/2013: entrevista dos alcaldes da provincia (representantes das tres forzas políticas) co presidente de NGB J.M. Castellanos na Coruña.
o   02/02/2013: manifestación en Santiago.
o   05/02/2013: entrevista dos alcaldes do Baixo Miño e os representantes da plataforma de afectados co Fiscal Xeral de Galicia na Coruña.
o   07/02/2013: entrevista co Conselleiro de Economía e Industria en Santiago.
o   08/02/2013: entrevista coa nova Directora Xeral de Comercio (Sol M. Vázquez Abeal) en Santiago.
o   19/02/2013: reunión co Valedor do Pobo en Santiago.
En todas estas entrevistas se expuxo claramente a delicada situación na que nos atopamos.
Ademáis, o Concello ten que facerlle frente aos gastos que supón o sevizo de seguridade durante a ocupación das dependencias municipais, que ata a actualidade ascendeu a máis de 5.329  €.
Sen olvidar ademáis os perxuicios que esta situación ocasiona aos veciños/as que a diario acuden ao Concello para resolver asuntos administrativos e non poden ser atendidos correctamente polo persoal funcionario, así como as sacrificadas condicións nas que este persoal ten que desenvolver o seu traballo.
Esta situación pode ocasionar retraso no trámite de determinados expedientes podendo desenvocar en serios perxuicios para este concello.
Entre os trámites pendentes queda o resultado da xestión do Alcalde de Redondela (Javier Bas) con responsables en Madrid na búsqueda de máis vías de solución.
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario