6 de xan. de 2013

CHAPELA (REDONDELA)


LOUZÁN E BAS INAUGURARON HOXE A REMODELACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE CHAPELA NO QUE DEPUTACIÓN E CONCELLO INVESTIRON 485.737 EUROS

A obra supuxo unha reforma profunda do Pavillón Polideportivo que incluíu actuacións no interior e no exterior do edificio, que melloraron tanto a súa funcionalidade como a imaxe externa



O presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán,e o alcalde de Redondela, Javier Bas Corugeira, inauguraron na tarde deste domingo, xunto cos veciños da vila as obras de reforma do pavillón polideportivo municipal de Chapela que se levou  a cabo a través da colaboración entre o Concello de Redondela  e a administración provincial.
 O investimento destinado a esta actuación ascendeu a 485.737,56 euros dos cales a Deputación financiou 346.384,75 € e os restantes 139.352,81 foron asumidos pola administración local.
As selección absolutas de balomán de Galicia e Australia foron as encargadas de estrear oficialmente as instalación cun partido amizoso disputado esta tarde a partires das 19.00 horas.
O pavillón polideportivo de Chapela, de titularidade municipal, presentaba unha serie de deficiencias que impedían a súa utilización de xeito normal, necesitando unha profunda remodelación, tanto na pista de xogo como nos elementos complementarios.
A obra supuxo unha reforma profunda do Pavillón Polideportivo e incluíu actuacións no interior e no exterior do edificio, mellorando tanto a súa funcionalidade como a imaxe externa. Adaptouse o local do semisoto (de 346 m2) para albergar unha Escola Elemental de Música, dotándoo de aulas e salas convenientemente insonorizadas.
Para mellorar as condicións de habitabilidade e o aspecto exterior do edificio, procedeuse ao tratamento das fachadas aumentando o illamento térmico e a impermeabilidade, así como cun pintado integral do edificio.  As terrazas e os seus accesos tratáronse con mortero e pintura impermeable e instalouse un cerramento metálico para evitar actos vandálicos.
Con estas obras, Deputación e Concello apostaron por optimizar recursos e posibilitando que as instalacións non só sigan prestando un servizo ao deporte, senón que abran as súas portas a un novo uso: a formación musical de nenos e nenas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario