Á PRESENTACIÓN DO LIBRO “EL CONVENTO DE LAS BENEDICTINAS DE A GUARDA, 1558-1984”, DE JOAQUÍN MIGUEL VILLA ÁLVAREZ, MOTIVA O REENCONTRO DA COMUNIDADE RELIXIOSA CO POBO GUARDÉS
De esquerda a dereita: Sor Isabel Vicente Rey, Abadesa do Mosteiro da Transfiguración do Señor, de Trasmañó (Redondela); Joaquín Miguel Villa Álvarez, Douctor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela; José Manuel Domínguez Freitas, alcalde de A Guarda; e Juan Bautista Martínez González (Xoán do Tamuxe), investigador e presidente do Instituto de Estudos Tudenses
Infogauda / A Guarda
Como xa vaticinábamos a priori, o sábado día 26 de xaneiro de 2013, foi unha data gozosa para A Guarda, xa que por vontade da Comunidade Benedictina do Mosteiro da Transfiguración do Señor, de Trasmañó (Redondela), e logo de catro anos de intensa labor investigadora, á carrego do historiador guardés, Joaquín Miguel Villa Álvarez, Doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, foi presentado o libro "El Convento de las Benedictinas de A Guarda, 1568 - 1984".
A presentación, que tivo lugar no Salón de Actos do Centro Cultural e Social de A Guarda - que unha vez máis, resultou insuficiente para acoller o numeroso público que acudiu a ese evento- foi co-presidido por Sor Isabel Vicente Rey, Abadesa do Mosteiro da Transfiguración do Señor, de Trasmañó, e por José Manuel Domínguez Freitas, alcalde de A Guarda, que estiveron acompañados por Juan Bautista Martínez González (Xoán do Tamuxe), investigador e presidente do Instituto de Estudos Tudenses, e por Joaquín Miguel Villa Álvarez, historiador e autor do referido libro.
Poucos minutos despois da hora prevista para o comezo do acto, e logo dunha breve presentación dos compoñentes da mesa presidencial, a cárrego da persoa que colaboura coa concellería de Cultura do Concello de A Guarda, fixo uso da palabra, o alcalde quen relembrou ás actividades productivas (confección de xerseis de lá, para os pescadores; galletas, labor docente,...) que desenvolvían as monxas benedictinas no convento de A Guarda. Mesmo salientou á habilidade das monxas para zurcir prendas de vertir, como o pantalón de "príncipe de Gales", co cal, sendo un rapas, "estreou" a estrada de Camposancos, recén asfaltada, e que súa nai lle encomendou as monxas para zurcilo, porque a prenda non tiña "un sete", senón que mesmo lle faltaba un pouco de tela, logo de caída da bicicleta. O resultado, logo da pacente labor das monxas, foi un pantalón magníficamente restaurado.
O alcalde dixo tamén, que ás monxas benedictinas sempre estarán vencelladas á Historia de A Guarda.
Na súa intervención, Domínguez Freitas, relembrou unha crónica que co gallo do 400 aniversario da fundación do mosteiro benedictino de A Guarda, escribira o profesor José Luis Lomba Alonso, sendo correspondente de FARO DE VIGO.
O rexidor dixo tamén que das 11 monxas que hoxendía ten o convento benedictino, hai 4 que son de A Guarda, e que respecto a Abadesa, non tiña verbas para ela.
A Comunidade Bieita do Mosteiro da Transfiguración do Señor, estivo representada por nove monxas - de un total de once -, das cales cinco - entre elas á Abadesa - son naturais de A Guarda
Deseguido fixo uso da palabra, Sor Isabel Vicente Rey, quen puntualizou que son 5 ás monxas naturais de A Guarda, si ben todas elas - as 11 que forman á comunidade do convento - xa estaban no mosteiro guardés.
A Abadesa dixo tamén: "Traballamos en colaboura estreita con Joaquín Miguel Villa Álvarez o longo de catro anos (...)".
Logo referiuse os inicios do mosteiro no ano 1548, para dar lectura á presentación da súa autoría, que figura no libro de Villa Álvarez, na cal deixa constancia que o desenrolo urbanístico de A Guarda, privoulle á comunidade do vello mosteiro, do necesario aillamento.
Finalmente agradeceu tódalas colabouras, nomeadamente á da Deputación de Pontevedra, que permitiu financiar ós traballos de investigación histórica.
A presentación contou con unha proxección de diapositivas, que permitiron visionar documentos antiquísimos, así como vellas fotografías do antergo mosteiro das Benedictinas, de A Guarda
A continuación interviu Xoán do Tamuxe, que comezou facendo unha aportación de datos técnicos do libro, indicando que ten 736 páxinas e 265 ilustracións, e que será vendido nas librerías á 27 euros.
Dizo tamén que "probablemente é o libro máis profundo dos oito que ten feito Villa Álvarez" e que ademais da historia do mosteiro benedictino, reflicte tamén unha boa parte da Historia de A Guarda.
Recoñeceu que é cáseque imposible resumir todo o libro, porque e tan amplo, que resultaría unha tarefa ímproba.
Xoán do Tamuxe calificou de "inmensa" a tarefa desenvolida por Villa Álvarez, tanto na investigación da prensa, como nos arquivos.
Mencionou o M.I. Sr. D. Juan Domínguez Fontela, que no periódico local "Presente" escrebeu sobor do mosteiro benedictino de A Guarda, e dixo que Villa Álvarez superou á labor de Domínguez Fontela.
Referíndose as orixes fundacionais do cenobio benedictino de A Guarda, Xoán do Tamuxe aludiu o entronque das familias Ozores Soutomaior cos Correa, de Vila Nova de Cerveira.
Respecto o traslado da comunidade benedictina de A Guarda a parroquia redondelá de San Vicente de Trasmañó, dixo que viu motivada polas previsións urbanísticas do Concello de A Guarda.
Martínez Tamuxe lembrou varias anécdotas, entre elas á autorización do Nuncio Apostólico para que unha monxa bieita coidase dunha sobriña no convento.
Dixo tamén que "lembrar e facer presente o pasado, senón éste chega á esquecerse", e calificou o libro de "auténtico arquivo de datos".
Xoán do Tamuxe engadiu que o historiador [Villa Álvarez] analiza os motivos da dolorosa marcha da comunidade bieita para á parroquia de Trasmañó que as acolleu, e tamén afirmou que o libro está elabourado con unha completa investigación que fai que teña interese non somentes para A Guarda, senón os veciños do Val Miñor, Baixo Miño e Condado-Paradanta.
Aspecto que presentaba o Salón de Actos do Centro Cultural e Social de A Guarda, no decurso da presentación do libro de Joaquín Miguel Villa Álvarez
O turno de intervencións sería pechado polo autor do libro, Joaquín Miguel Villa Álvarez, quen dixo que os comezos deste traballo foron en outubro de 2008, cando as monxas de Trasmañó, contactaron con el, a traverso do xornalista guardés, Ricardo Rodríguez Vicente.
Logo citou a Domínguez Fontela e Hipólito de Sá Bravo, como autores que escreberon sobor do mosteiro de monxas bieitas de A Guarda.
Despois espricou o proceso que seguiu, onde como paso previo á redacción do contido do libro, procedou á clasificación e arquivo da documentación existente no mosteiro, e acudiu a varios arquivos históricos para completar súa investigación.
Relembrou Villa Álvarez que en Galicia chegaron á existir 60 mosteiros benedictinos, entre eles o de Santa María de Tomiño e o de Santa Baia de Donas.
Curiosamente, por causa dunha norma estabrecida polos Reises Católicos, Galicia soio podía contar con un mosteiro de monxas bieitas. O mosteiro de A Guarda, xurde por iniciativa dos bisnetos de Pedro Álvarez de Sotomaior (Pedro Madruga), enemigo dos Reises Católicos.
Na súa documentada intervención, Villa Álvarez foi sintetizando os diferentes capítulos da obra da súa autoría, labor que complementou con unha proxección de diapositivas, nas que amosou seculares documentos, planos, vellas fotografías, tanto do exterior como do interior do mosteiro da Transfiguración do Señor, de A Guarda.
Tamén relembrou que foi en 1984, cando o pobo guardés perdeu á presenza da comunidade bieita, logo de 450 anos de convivencia cos veciños de A Guarda.
Respecto o libro "El Convento de las Benedictinas de A Guarda, 1568 - 1984", Villa Álvarez dixo que está destiñado a dous tipos de lectores: Os investigadores e por suposto, os veciños de A Guarda e comarcas veciñas.
O último tramo da súa disertación, adicoullo os agradecementos. En primeiro lugar, á Abadesa Sor Isabel Vicente Rey, pola súa decidida vontade de que se fixera pública a historia deste mosteiro, e sobor de todo, a axuda que lle dispensaron na súa labor. Villa tivo tamén unhas verbas de gratitude para Lolita que nas tardes frías de inverno lle servía uns cafés con leite e saborosas galletas Louras, que fan as monxas bieitas de Trasmaño.
Agradeceu tamén o apoio de súa familia e da súa esposa. A Antonio Martínez Vicente e Xoán Martínez Tamuxe, así como a Ermelindo Portela Silva, que o honrou facéndolle o limiar do libro.
A cantautora guardesa, María José Baz Martínez, acompañada pola súa guitarra, agasallou a tódolas persoas presentes, interpretando unha fermosa cantiga adicada á Comunidade Benedictina
O acto remataría coa actuación da cantautora guardesa, María José Baz Martínez, que coa compaña da súa guitarra interpretou maxistralmente unha fermosa cantiga baseada n´un poema de Aida Lomba Márquez, con aportacións de Sor Isabel Vicente Rey e de Chuny Vázquez Vicente. A letra desa cantiga dí o seguinte:
1ª Estrofa:
El Señor que hizo el sol, la luna y las estrellas
quiso hacer de
nuestra villa, un paraiso en la tierra,
con cariño la formó, dándole gracia
y belleza.
A sus pies puso el mar, y a sus espaldas el Tecla.
Estribillo 1:
La Guardia señora y dama, tiene custodiando el puerto,
bajo el
barrio marinero, un majestuoso convento,
donde unos seres de luz, siempre con
paz y silencio,
alzan su plegaria a Dios, por las gentes de este pueblo.
2ª Estrofa:
Ocultas desde
hace siglos, con Benito como lema,
fueron ofreciendo a Dios, nobles rosarios
de estrellas,
bajo su tranquila luz , posan miles de secretos,
bordados con
sencillez, fraternidad y respeto.
Estribillo 1 y estribillo 2:
La
Guardia señora y dama, bajo su manto de seda,
albergó durante siglos, mil almas llenas de entrega,
aunque ya no están aquí, siguen queriendo a su
pueblo.
Por él piden sin cesar al Padre Bueno del cielo.
Os aplausos de tódalas persoas que ateigaban o salón de actos do Centro Cultural e Social de A Guarda, rubricaron o éxito deste evento cultural e social, no que ademais das nove monxas que se desprazaron desde o mosteiro de Trasmañó ata A Guarda, motivou que varias persoas, como o ex xesuita, Licenciado en Filosofía e Pedagoxía, articulista de FARO DE VIGO i escritor vigués José Carlos Espinosa; o investigador ourensán i experto en Protección Civil, Antonio Saco Cid, autor - entre outros traballos de divulgación - do libro "Coincidencias cartográficas del petroglifo (Pico de San Francisco) con las señales arqueológicas del Monte Santa Trega", (A Guarda, 2001); o párroco de Santa María de A Guarda, Jesús García Villadóniga; a pintora guardesa Alicia Alonso Fernández, Carlos Alonso Portela, Mané Troncoso Villa, Alicia María Alonso Rivas,..., entre outras persoas, quixesen estar - i estiveron - presentes en un evento único, moi gratificante i culturalmente moi enriquecedor.
A partires dese intre, como xa acontecera antes do comezo da presentación do libro, vivíronse uns intres moi gozosos e intenso para todos, nos que as monxas reencontráronse con ex-alumnas e veciñas/os de A Guarda, relembrando aqueles días vividos entre as seculares paredes do vello mosteiro, nos que monxas e alumnas, compartiron aulas, austeridade, coñecementos e devoción. Con algunhas das persoas había alomenos trinta anos que non tiñan oportunidade de saúdarse. Por iso o acto do sábado 26 de xaneiro de 2013 quedará na memoria de todos como un día moi especial. Porque non en balde, tiveron oportunidade de saudar e departir con todo o mundo, demorando todo canto puderon, o intre do retorno para o mosteiro de Trasmañó. Porque, con todo, elas non se esquecen de A Guarda nin das persoas deste pobo, e na súa actividade - ora et labora - diaria, sempre teñen moi presente que A Guarda as acolleu o longo de catro séculos e medio e sinten un agarimo moi especial por este pobo.
A partires de agora, somentes queda que tódalas persoas que así o desexen, merquen nas librerías o libro "El Convento de las Benedictinas de A Guarda, 1568 - 1984", e disfroiten do seu contido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario