21 de dec. de 2012

PONTEVEDRA




A DEPUTACIÓN CONCEDE 168.000 EUROS PARA A COMPRA DUN CAMIÓN GRÚA EN ARBO E PARA RECUPERAR UNHA SENDA PEONIL EN SALCEDA DE CASELAS

A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe axudas por valor de 168.000 euros para que os concellos de Arbo e Salceda de Caselas desenvolvan dúas obras que incluiron no Plan de Investimentos da Deputación (PID).

As obras e as cuantías concedidas son as seguintes:

Arbo
Adquisición dun camión grúa basculante
67.629,32 euros
Salceda de Caselas
Recuperación ambiental e senda peonil no río Caselas – Tramo Palomar Antero-Regadas
100.428,08 euros


En todos os casos a Xunta de Goberno acordou iniciar o expediente de contratación dos mencionados traballos.

As citadas axudas foron aprobadas nun lote polo que dez concellos da provincia recibirán un millón de euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario