LOUZÁN E BAS ASINAN O CONVENIO
DE COLABORACIÓN QUE POSIBILITARÁ A INSTALACIÓN
DE HERBA SINTÉTICA NO COMPLEXO DEPORTIVO DE SANTA MARIÑA EN REDONDELA
O presidente da
Deputación, Rafael Louzán, asinará esta tarde un convenio de colaboración co
alcalde de Redondela, Javier Bas Corugeira que posibilitará levar a cabo as
obras do proxecto de “Infraestrutura básica necesaria para a posterior
instalación de herba sintética no complexo deportivo de Santa Mariña”.
Os
investimento necesario para a realización das mencionadas obras serán
financiados pola Deputación de Pontevedra por un importe de 240.000 euros.
O concello dispón dunha
partida de 299.939,12 euros para a adquisición de herba sintética, mediante
unha subvención concedida a través dos fondos europeos, tendo aberto xa o
proceso de contratación correspondente para a súa adquisición, pero non dispón
de medios económicos para levar a cabo as obras de infraestrutura básica para a
súa instalación que se cifran en 240.000,00 euros. De aí que solicite a axuda
da Institución Provincial.
O Concello de Redondela é titular das
instalacións deportivas de Santa Mariña que presentan unha serie de
deficiencias que impiden a súa utilización de xeito normal, necesitando unha
profunda remodelación, tanto no terreo de xogo como nos elementos
complementarios.
A Deputación asumirá a licitación, dirección, execución e
recepción das obras contempladas no proxecto técnico. O Concello de Redondela, pola
súa banda, porá a disposición da Deputación os terreos necesarios para poder
levar a cabo as obras , así como de obter a correspondente licenza municipal.
Tamén levará a cabo ó mantemento da infraestrutura trala recepción de obras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario