VIBRACIÓNS PROHIBIDAS
NO
CGAC
CGAC / Santiago de Compostela
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D. Xesús Vázquez Abad, ten o pracer de convidar a vostede á inauguración da exposición
VIBRACIÓNS PROHIBIDAS
que terá lugar o vindeiro venres 16 de novembro de 2012, ás 20 h
Comisarios: Xavier Valiño, Héctor Fouce
Igual que o cine ou a prensa, a música pop e a rock non deron escapado da acción da censura. Pero, a diferenza destes, a represión intensificouse xusto cando a ditadura franquista estaba a iniciar unha tímida apertura. O réxime foi consciente do papel que a música xogara nas revoltas internacionais dos sesenta e tentou limitar o seu alcance nunha España cada vez máis desenvolvida e cosmopolita. A censura obrigou a producir novas portadas —convertidas hoxe en prezadas pezas de coleccionista—para refacer as máis escandalosas ou eliminar referencias incómodas nos textos das cancións. Vibracións prohibidas revisa os mecanismos de control aplicados durante a ditadura e a súa incidencia no mundo do pop e do rock, a través das portadas de discos da época e dos partes dos censores.
Ramón del Valle Inclán s/n 15704 Santiago de Compostela
cgac@xunta.es / www.cgac.org

Ningún comentario:
Publicar un comentario