A AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA CELEBRARÁ A FESTIVIDADE DE SANTA ICÍA CON UN CONCERTO
Será o día 1 de decembro, ás 20:30 h., na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda
Infogauda / A Guarda
A xunta directiva Agrupación Musical de A Guarda convídanos o concerto de Santa Icía, que terá lugar o día 1 de decembro, ás 20:30 h., na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, e no cal actuarán a Banda Infantil da Agrupación Musical de A Guarda e a Banda da Agrupación Musical de A Guarda.
A GUARDA DEMANDA UN MULTIUSOS
A falla de un multiusos na vila de A Guarda fai que un ano máis, a Agrupación Musical de A Guarda se vexa na necesidade de recorrer o párroco para poder celebrar a festividade de Santa Icía, Padroeira dos músicos, na igrexa de Santa María de A Guarda. Ainda que sabemos que por parte do administrador parroquial non hai ningún problema, xa que mesmo ten oficiado - e nunca mellor dito - como presentador; resulta paradóxico que en pleno século XXI, un pobo como A Guarda, continúe carecendo - desde a demolición do teatro-cine Avenida - de un multiusos municipal onde poder celebrar ese tipo de eventos. Coidamos que esa carencia dí moi pouco en favor dos representantes públicos que ostentan responsabilidades de goberno - xa sexa a nivel municipal, provincial, autonómico e central -, e que deberan preocuparse un pouco máis por conquerir ese tipo de dotacións de infraestructuras municipais.

Ningún comentario:
Publicar un comentario