- Benestar Social de Nigrán oferta viaxes para maiores con diversos destinos.
- 75 mulleres reciben capacitación gratuíta en modalidade on-line a través do CIM Gondomar.
- Arrinca a campaña electoral do BNG en Gondomar con tres mitins na fin de semana.
Posted: 05 Oct 2012 01:54 PM PDT
A concellaría de Benestar Social e Sanidade de Nigrán informa sobre unha nova convocatoria do IMSERSO do programa Viaxes para Maiores para a tempada 2012/2013. Entre os destinos contemplados para a presente tempada atópanse a península, Baleares, Canarias e Portugal, con circuítos culturais e turismo de natureza. Este programa está aberto a persoas censadas en Nigrán cunha idade mínima de 65 anos, así como para prexubilados e/ou pensionistas con 60 anos ou viuvez con 55 anos cumpridos. A campaña admite como acompañantes os fillos con discapacidades cuxo grao de minusvalía sexa igual ou superior ao 45%.
|
Posted: 05 Oct 2012 01:42 PM PDT
Setenta e cinco mulleres, na súa maioría de Gondomar, participan de seis cursos que a través de internet está a coordinar a Concellería de Igualdade a través do Centro de Información á Muller. Por quinto ano consecutivo o CIM está a traballar nesta modalidade on-line co obxectivo de brindar capacitación gratuíta en diversas áreas a mulleres desempregadas e en activo.
|
Posted: 05 Oct 2012 01:15 PM PDT
Con tres mitins en distintos puntos do concello de Gondomar, o Bloque Nacionalista Galego comeza a súa campaña cara ás autonómicas do 21-O.
- A escritora Marta Dacosta, candidata número 6 por Pontevedra presentará as propostas do Bloque o día sábado 6 de outubro en Mañufe e o domingo na parroquia de Couso.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario