25 de out. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 24 Oct 2012 06:34 PM PDT
antonio-xeira-iem
O arquitecto gondomareño Antonio Soliño Troncoso será galardoado cuns dos premios Gran de Area 2012 que entregarán as delegacións co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de Pontevedra e Vigo. A distinción foi outorgada polo proxecto "Rehabilitación e ampliación de vivenda unifamiliar" que Soliño está a desenvolver nunha finca do barrio d'A Barga , na parroquia de Donas (Gondomar). A cerimonia de premiación terá lugar este venres 26 de outubro, ás 18 horas no Salón de Plenos do Concello de Campo Lameiro.


 
Posted: 24 Oct 2012 04:54 PM PDT
hotel arce_robert_webster
O Hotel Arce de Sabarís (Baiona) é o establecemento cun prezo por baixo de 50 euros mellor valorado polos usuarios en toda España, segundo unha enquisa realizada pola web de viaxes TripAdvisor.


 
Posted: 24 Oct 2012 04:10 PM PDT
saharahui-na-Colleira
Como tódolos anos a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí desenvolve a campaña "Vacacións en Paz", co fin de que nenos que viven nos campamentos de refuxiados no Sáhara podan gozar dunha estancia en Galicia durante os meses de xullo e agosto. Para iso, convocan a familias interesadas en acollelos a comunicarse coa delegación comarcal da ONG. O delegado no Val Miñor é Xosé H. Porto Varela, e os teléfonos de contacto 986369189 ou 679308833. Tamén por correo electrónico no enderezo hporto@mundo-r.com, onde se dará todo tipo de información sobre este programa.


 
Posted: 24 Oct 2012 03:40 PM PDT
web-achego
Endebedada e sen recursos económicos, a Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de Gondomar (ACHEGO) enfronta un proceso de disolución que rematará nun peche total de actividades nos vindeiros días. Só a liquidación dos poucos activos do colectivo cara a deixar con "débeda cero" a curta andaina desta asociación, mantén a súa derradeira directiva con reunións periódicas, informou o vice presidente da mesma, Manuel Piñón a Valminor.info. O correo electrónico da asociación xa devolve as mensaxes dirixidas á entidade cunhas breves liñas que informan que " Desde el pasado 1 de octubre Achego ha dejado de funcionar y ahora estamos en proceso de disolución."


 
Posted: 24 Oct 2012 09:35 AM PDT

Portal de acceso ao Instituto Proval
















Desde hai uns días a dirección do Instituto Proval de Nigrán decidiu non permitir o acceso de vehículos ao estacionamento do Instituto para deixar e recoller aos alumnos. A alternativa ofrecida polo funcionario é que os nenos queden na estrada e crucen a mesma para acceder ao instituto. Parece ser que isto xorde por unha imposición da empresa de transporte escolar ATSA a efectos de poder saír inmediatamente do recinto escolar para cumprir o seu servizo.
Entendo que este feito constitúe unha discriminación cara á seguridade dos alumnos segundo acudan en autobús ou en coche particular ao Instituto e que a dirección do Instituto está poñendo en risco a integridade física dos nenos xa que as condicións da estrada Gondomar - A Ramallosa non son seguras nin moito menos ás horas de entrada e saída dos alumnos.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario