25 de out. de 2012

TUI


PALESTRA EN BALDRANS SOBRE COOPERATIVAS INTEGRAIS


A Cooperativa Integral Galega, proxecto de renovación económico e social integral, público e autoxestionario, ten o pracer de anunciar unha nova palestra sobre cooperativas integrais:

BALDRANS (TUI) 
25 DE OUTUBRO
17:30h
Centro Cultural Val de Flores

¿Que é e cales son os obxectivos dunha cooperativa integral?:

A Cooperativa Integral xurde das premisas de crear unha nova economía de subsistencia e transición, capaz de unificar os proxectos necesarios para o cambio político e social. Estes proxectos, moitos deles xa existentes, deben dar cabida a profesionais e colectivos que desexen traballar dentro dun marco de relacións máis humanas e xustas.

A Cooperativa Integral é un organismo vivo, horizontal, inclusivo e participativo, que permite desenvolver e articular actividades que sirvan para xerar traballo digno e útil e un consumo sostible e responsable. É un proxecto de autoxestión económica e política igualitaria e asemblearia que reúne tódolos elementos que compoñen a economía: produción, consumo, financiamento e moeda propia, e ó mesmo tempo, procura integrar tódolos ámbitos da vida: traballo, vivenda, saúde, cultura, educación, etc.

A curto prazo, as nosas metas serán:

• Posibilitar o autoemprego (cooperativas de traballo, bolsas de emprego).
• Reducir a dependencia do euro e estimular o crecemento de moedas sociais a través de redes de cooperación (ecoredes).
• Reducir os prezos e facilitar a venda directa de produtos locais, ecolóxicos e artesanais (grupos de consumo).
• Facilitar solucións colectivas a persoas insolventes e/ou en risco de exclusión social.
• Proporcionar a posibilidade de aforro comprometido con proxectos de innovación social, ética e sostible, ao marxe do sistema bancario tradicional (cooperativas de autofinanciamento).

Os obxectivos, a longo prazo, son os seguintes:

• Construír unha rede de relacións económicas cooperativas e solidarias entre persoas e empresas sociais, alleo ás flutuacións dos mercados.
• Abrir espazos que proporcionen servizos realmente necesarios: Centrais de Abastecemento, Oficinas de Vivenda, Redes de Albergues, Centros de Educación e Aprendizaxe Colectivo, Centros de Saude Autoxestionaria e proxectos de autoemprego vinculados a necesidades reais.
• Transformar a sociedade outorgando o poder real ás persoas; para iso crearase un sistema propio de seguridade e previsión social para garantir a cobertura das necesidades básicas de tódolos membros.

+ Info:


Guía de acollida de Cooperativa Integral Galega:

Ningún comentario:

Publicar un comentario