25 de out. de 2012

A GUARDA


CCOO homenaxeou hoxe as vítimas de Sestás e Camposancos
                   Foxa Común de Sestás (A Guarda)
                          Foto: Arquivo Infogauda
Infogauda / A Guarda

A Agrupación Comarcal de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Vigo realizou este xoves, día 25 de outubro, ás 12 horas, a homenaxe anual ás vítimas da foxa común de Sestás e do campo de concentración de Camposancos (A Guarda).
Realizouse unha ofrenda floral, un xesto para homenaxear a memoria das mulleres e homes que, na súa loita contra o franquismo, foron asasinados e soterrados nun pequeno espazo fóra do cemiterio parroquial e civil de Sestás.


A Agrupación Comarcal de Pensionistas e Xubilados traballa acotío para que os ideais destas persoas sexan coñecidos pola cidadanía, «para que a historia non se esqueza, para que se recoñeza o seu valor e honorabilidade, porque sen eles non sería posible gozar do estado democrático no que vivimos, coas melloras sociais e laborais de que dispomos». 
Ademáis da Agrupación Comarcal de Pensionistas e Xubilados de CC.OO., no acto tamén houbo unha representación da executiva provincial e afiliados do Sindicato de Comisións Obreiras, de Vigo - Baixo Miño, así como membros da corporación municipal de A Guarda, e representantes de grupos municipais e veciñais.
Con este acto, que a Agrupación Comarcal de Pensionistas e Xubilados do Sindicato de Comisións Obreiras, de Vigo - Baixo Miño ven desenvolvendo desde fai anos, cúmplese a vontade do histórico galeguista, Xoán Noia Gil, quen no seu día lle encomendou a executiva da Unión Sindical de CC.OO. do Baixo Miño, con sé na Guarda, de dignificar ese lugar para que endexamais se esquecese á memoria dos que deron súas vidas en defensa da República e das libertades democráticas. 
A Foxa Común de Sestás é - xunto co vello colexio dos Xesuitas, de A Pasaxe, que foi campo de concentración, promovido polos sublevados - un dos principais referentes da Memoria Histórica de A Guarda e súa comarca. Cada ano acuden ata Sestás familiares - sobor de todo procedentes de  Asturias - de algunhas das víctimas cuios restos mortais atopánse na devandita foxa común.

Ningún comentario:

Publicar un comentario