3 de out. de 2012

A GUARDA


CONVERXENCIA GALEGA RELÉMBRALLE O GRUPO MAIORITARIO QUE ÁS COMPETENCIAS EN MATERIA DE SUPRESIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS CORRESPÓNDELLE OS CONCELLOS


A competencia para a execución de obras tendentes a eliminación de barreiras arquitectónicas, correspóndelle o Concello, posto que se está actuando sobre espacios de dominio público, se ben debe ser a propia entidade local a que estableza a súa procedencia e prioridade en función da programación existente para adaptación gradual dos espacios de uso público existente, en aplicación do disposto no artigo 13 do Decreto 35/2000

1.- As vías públicas, os parques e en xeral tódolos espacios de uso público existentes, así como as instalacións de servicios e mobiliario urbano o servicio deles, deberán ser adaptados gradualmente na forma que se determina neste regulamento.

2.- Paro iso, as entidades locais deberán executaqr plans especiais de actuación con obxeto de adapta-las vías públicas, parques e outros espacios de uso público as normas de accesibilidade previstas neste regulamento dacordo coas seguintes regras e condicións:
a). Establecerán as regras e condicións técnicas propias de cada ámbito de actuación para consegui-la conversión progresiva dos espacios convertibles en adaptados, dentro do marco das determinacións establecidas neste regulamento.
b). Cando por dificultades orográficas ou rúas preexistentes non sexa posible a creación dun itinerario adaptado, deseñarase como mínimo un itinerario practicable que permita o desplazamento de persoas con mobilidade reducida.
c). Dadas as características territoriais de Galicia, nestes plans distinguiranse as actuacións que se van desenvolver nos núcleos urbanos das previstas nos núcleos rurais e nas redes viarias que os relacionan.
d). A previsión de itinerarios adaptados en espacios de uso público que se encontren declarados bens de interese cultural, sempre que as modificacións necesarias afecten a elementos obxecto de protección, realizarase mediante un programa de accesibilidade que terá por obxecto mellora-la accesibilidade e a eliminación daquelas barreiras que non precisen a realización de obras que afecten a elementos protexidos. Nos casos en que isto non sexa posible, habilitaranse as axudas teécnicas necesarias para que estes espacios se axeiten na medida do posible a súa visitador persoas con limitacións ou mobilidade reducida.
e). Dacordo co previsto na disposición adicional primeira da Lei 8/1997, os plans de adaptación e supresión de barreiras elaborados polas administracións públicas galegas serán revisados cada cinco anos o prazo para a súa execución non superará os dez anos, podendo subvencionarse con cargo o fondo para a supresión de barreiras dacordo co previsto no artigo 61 do citado regulamento.
                3).-  As administracións públicas galegas establecerán anualmente unha porcentaje das súas partidas orzamentarias e de investimento para asupresión de barreiras arquitectónicas urbanísticas existentes.

Por todo o exposto, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar UNHA (1) COPIA do Plan de Adaptación e Supresión de Barreiras Arquitectónicas vixente no Concello de A Guarda
                A  Guarda a 2 de Octubro do 2.012


                Celso R. Fariñas


Sr. Alcalde-Presidente do CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario