- Curso gratuíto de ofimática para desempregados no concello de Nigrán.
 - Inscricións para curso de monitor de tempo libre en Nigrán co título homologado pola Xunta de Galicia.
 - Comezaron as obras de pavimentación na travesía de Gondomar.
 
| 
 
Posted: 21 Aug 2012 01:28 PM PDT 
A Concellería de Promoción Empresarial, Comercio e Emprego do Concello de Nigrán, anuncia que abrirá a partir da vindeira semana o prazo de inscrición nun novo Curso de Ofimática con carácter gratuíto, dirixido preferentemente ás persoas desempregadas empadroadas en Nigrán, até un máximo de 15 alumnos. 
 | 
| 
 
Posted: 21 Aug 2012 01:20 PM PDT 
A Concellería de Promoción Empresarial, Comercio e Emprego do Concello de Nigrán, en colaboración cunha empresa especializada neste tipo de formación, abrirá a partir da vindeira semana o prazo de inscrición nun Curso de Monitor de tempo libre, dirixido preferentemente ás persoas desempregadas empadroadas en Nigrán, até un máximo de 25 alumnos. 
 | 
| 
 
Posted: 21 Aug 2012 10:48 AM PDT 
A Avenida de Elduayen e a Rúa Ángel Urzaiz están sendo intervidas con traballos de pavimentación por parte da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Gondomar. Os traballos que comezaron esta semana, implicarán obras de saneamento e reforzo do firme destas estradas que conforman a travesía, Tui- A Ramallosa (PO-340) e O Porriño- Gondomar (PO-331) por un valor de 50 mil euros. 
 | 
Ningún comentario:
Publicar un comentario