A DEPUTACIÓN REPARTIRÁ ENTRE OS CLUBS DE FÚTBOL DA PROVINCIA AS INVITACIÓNS PARA VER O ADESTRAMENTO DA SELECCIÓN ESPAÑOLA EN PASARÓN O DÍA 6 DE SETEMBRO
Rafael Louzán: “Será un
premio para os xogadores, adestradores, directivos e para todas aquelas persoas
que traballan desinteresadamente para
que se conteña a base do fútbol na nosa provincia”.
·
A Deputación convocará ós clubs para coordinar o
transporte.
·
Os nenos e mozos pasarán unha xornada completa en
Pontevedra para visitar o museo itinerante da Selección e as copas de Europa e
do Mundo conquistadas por España.
A Deputación de Pontevedra
repartirá entre os 250 clubs de fútbol existentes na provincia as invitacións
que posibilitarán acudir ó estadio de Pasarón para ver o adestramento da Selección
Española de Fútbol o 6 de setembro, un día antes do partido internacional
amizoso España -Arabia Saudí.
Así o anunciou hoxe o presidente
da Deputación Provincial, Rafael Louzán, quen considerou que esta iniciativa
“será unha oportunidade marabillosa e ilusionante para os rapaces e mozos das
distintas localidades e municipios que compoñen a base do fútbol pontevedrés”. O titular da institución engadiu, ademais, que
a Deputación como institución profundamente implicada coa canteira do balompé
busca que esta oportunidade “sirva de acicate e contribúa a impulsar aínda máis
o traballo destes novos deportistas”.
Premio ós nenos e ós que traballan para manter a base
“Será un premio para os
xogadores, para os adestradores, para os
directivos e para todas aquelas persoas que traballan desinteresadamente para
que se conteña a base do fútbol na nosa provincia e que perden do seu tempo
libre para que os rapaces sexan felices e realicen unha actividade sana”,
aseverou Louzán.
O máximo responsable da
Deputación explicou que se vai organizar unha xornada completa na que os
rapaces de todas as categorías do fútbol e de distintas localidades da
provincia, ademais de ver o adestramento, van a poder visitar as instalacións
que o Club Selección vai a instalar na Avenida de Montero Ríos. Así, poderán ver
e fotografarse coa dúas copas de Europa e coa copa do Mundo conquistada por
España; visitar o museo itinerante da selección e disfrutar dun percorrido con
máis de 100 anos de historia do fútbol; e participar de diversas actividades
lúdicas que se van a celebrar neste espazo.
Xuntanza de coordinación cos clubs
Con preto de 250 clubs de fútbol
e arredor de 17.000 fichas federativas, Pontevedra constitúe actualmente a
provincia galega con maior número de equipos e futbolistas, informou Louzán. Os
responsables dos clubs serán convocados os vindeiros días a unha reunión na que
se lles explicará o sistema de reparto das invitacións que será equitativo e
transparente. Nesta xuntanza, comentou Louzán, tamén se abordará a organización
do transporte para trasladar ós nenos e rapaces dende as distintas
localidades”.
O encontro que enfrontará á Selección Española de Fútbol e a Arabia Saudí,
nun partido internacional amizoso, terá lugar en Pasarón o vindeiro día 7 de
setembro ás 22:00 horas. Será a terceira
vez que a selección se mida a Arabia
Saudí, con dúas vitorias nos encontros precedentes por 1-0 e
2-1. Pola súa banda, os adestramentos previos
terán lugar o día 6 de setembro a unha hora que aínda está por determinar.
A Deputación de Pontevedra é unha das institucións máis implicadas no fomento
da base do fútbol da provincia de Pontevedra. Así, ademais dun plan específico
que se está a levar a cabo nos últimos anos para dotar de céspede artificial de
última xeración a 70 campos de fútbol da provincia, tamén habilita distintas liñas de
axudas para o deporte base; para a compra de material; establece convenios coas
entidades; e organiza distintos eventos deportivos na provincia de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario