17 de ago. de 2012

ECONOMÍA

Os afectados polas preferentes levan a protesta a Sanxenxo
                    Imaxe da concentración que tivo lugar este venres pola mañá na Guarda
                    © @RubenSimoCa



                              Manifestación dos afectados polas preferentes en Santiago
                                        @auribra


Unha fin de semana máis, os e as afectadas pola estafa das preferentes saen á rúa, mesmo sendo agosto e con temperaturas que convidan a estar nas praias. O obxectivos é que a súa reivindicación nin se esqueza nin arrefeza. E como xa fixeron hai dúas semanas, cando se manifestaron de forma masiva (máis de cinco mil persoas) en Baiona, este sábado levarán a protesta a Sanxenxo, continuando a estratexia xa enunciada de manifestarse “onde veranean os banqueiros”. A marcha comezará ás once da mañá e os seus organizadores, a coordinadora galega de plataformas de afectados, esperan reunir un número semellante de manifestantes que en Baiona.

Ningún comentario:

Publicar un comentario