CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA O ARRANXO DE RÚAS E
CAMIÑOS
Foto: Converxencia Galega / A Guarda
Unha volta pola maioría das rúas do noso pobo, amosan
o estado de deixadez e abandono das mesmas, e para mostra un botón, calquera
que camiñe polas rúas que están empedradas, atopará un bó número de lousas
rotas por permitir que de xeito indiscriminado circulen vehículos e camións de
gran e medio tonelaxe por elas sen ningún tipo de restricción.
Por outra banda, o que denominan “casco antigo” como
os arredores da igrexa e rúas próximas o Concello e Praza Nova, donde o
“rexuntado” cada vez é máis escaso, polo que as mesmas móvense e rompen, sen que
se poña solución a este problema que cada vez vai en aumento sen que ninguén
tome medidas para que non se agrave a situación e siga degradándose estas rúas.
Así tamén, nalgunhas rúas do resto do pobo nas que se
fixeron inversións de arranxo e mellora do firme, ben en pedra, ben en cemento,
ben en asfalto, estáse dando unha situación similar, polo que si ca desidia que
impera no noso Concello, se deixa continuar este destrozo, en pouco tempo,
haberá que volver a gastar diñeiro para repoñer o empedrado de ditas rúas.
Voltaremos a topar con demandas de veciños por caídas
e outros accidentes, nos que gastaremos os poucos cartos que ten o Concello,
entre abogados, indemnizacións e por suposto arranxos urxentes para que non
volva a ocurrir outro accidente, polo que cobran máis valor o dito de que é
mellor prevenir que lamentar.
Seguiremos reiterando para que non haxa lugar a dúbida
de que unha imaxe vale máis que mil palabras, e o mesmo tempo, que se poida
comprobar que o que decimos está para verificar, dende CONVERXENCIA GALEGA,
vimos a solicitar do Equipo de Goberno Municipal que se tomen as medidas
oportunas para que non se siga deteriorando o estado das nosas rúas,
especialmente aquelas que son a entrada do noso pobo e sirven como referencia a
quen nos visita.
A Guarda, a
16 de xullo do 2.012
Celso R.
Fariñas
Ningún comentario:
Publicar un comentario