Infogauda / A Guarda
Como xa adiantamos na nosa edición de onte, o concelleiro José Vicente Ferreira, membro do Grupo Municipal do Partido Popular, e a súa vez Presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes en Mán Común da parroquia de A Guarda, faleceu o día 4 de xullo no Hospital do Meixoeiro, de Vigo. O longo do día de hoxe, moitas persoas de A Guarda e da contorna achegáronse até o tanatorio de Sestás para amosar súa condoenza á familia, amigos, compañeiros do Grupo Municipal Popular no Concello de A Guarda e simpatizantes desa formación política.
Os restos mortais do concelleiro popular permanecerán na sala nº 1 do tanatorio, até arredor das catro menos cuarto deste venres, en que será trasladado á igrexa parroquial de San Lourenzo de Salcidos, onde ás catro da tarde, serán oficiadas as exequias de corpo presente, e o remate das mesmas, procederase a seu soterramento no camposanto parroquial de Salcidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario