O PROGRAMA
SAÚDE E BENESTAR DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL INCLÚE AO HOTEL THALASO ATLÁNTICO DE
OIA NA SÚA OFERTA
As 5.000 persoas que participan no programa terán ocasión de elixir o Baixo Miño para disfrutar de 6 días de descanso en pensión completa
O
programa Saúde e Benestar que un ano máis pon en marcha a Deputación Provincial
de Pontevedra inclúe ao hotel Thalaso Atlántico de Oia na súa oferta, o que
permitirá que unhas 5.000 persoas poidan elixir o Baixo Miño para pasar uns
días de descanso.
Segundo
anunciou esta mañá o presidente da Deputación na rolda de prensa posterior á
Xunta de Goberno, este programa pretende beneficiar a persoas de máis de 50
anos ou que precisen dun respiro familiar ofrecéndolle a posibilidade de
descansar nun establecmeento termal a prezos reducidos e, tamén, contribuír a
desestacionalizar o sector e garantindo o mantemento de postos de traballo.
O
programa, que será xestionado pola empresa Viaxes Iberia, permitirá “xerar
riqueza” ao dar ocupación a unha serie de establecementos termais e spa
“distribuídos por toda a provincia”.
Louzán
lembrou que o programa consiste en que as persoas interesadas poidan pasar 6
días e 5 noites nun hotel con SPA, Balneario ou outro tipo de instalación
similar, en réxime de pensión completa.
Ademais
do establecemento de Oia, inclúense neste programa o Oca Katiuska de Silleda; o
Hotel Torres do Deza de Lalín, o Hotel Spa Oca Galatea de Sanxenxo, o Norat
Marina Spa de O Grove, o Isla de la Toja; e o Hotel Bienestar Moaña Talaso Spa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario