19 de xuño de 2012

OURENSE

Un libro recolle a historia dos fidalgos que habitaron dende o século XV o Pazo de Piñor




A obra, editada pola Deputación de Ourense, supuxo un minucioso traballo de investigación por parte da autora, Mary Cruz Bangueses.
O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación do libro O Pazo de Piñor, obra de Mary Cruz Bangueses Cobelas e ilustrado con fotos de Mani Moretón. Trátase dunha obra que relata a historia desta fermosa casa de labranza dende o século XV ata os nosos días, situada no concello de Barbadás, e na que se mesturan arquitectura e o relato das vivencias dos denominados señores medianeiros ou fidalgos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario