PORTO DA GUARDA (C. ANOS 90)
Proxecto Socheo
Panorámica total e cadenciosa do perfil (boderline) da Guarda a comezos da década dos 90. Vista tomada desde o Muelle Alto e onde se pode ver toda a singularidade urbanística do pobo, sobre todo a fachada que da ao mar. Un mazacote de casas sen homoxeneizar. Un mosaico de casas e de cores que lle confiren "certo" encanto pintoresco. Tamén podemos ver A Guarda en plena trasformación sobre todo na obra máis definitoria nos últimos anos: a construcción do paseo marítimo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario