7 de xuño de 2012

GALICIA


Galicia manténse á cabeza de España en número de bandeiras azuis en 2012, con 126 distincións a praias de 36 concellos costeiros

A Comunidade galega acadou esta distinción para un 85% dos areais candidatos nesta edición e que se traducen nun incremento de 9 novas bandeiras

Unha de cada catro bandeiras azuis concedidas recaen nalgún areal galego


Vista parcial da Praia do Forte, en Camposancos (A Guarda)

A Xunta de Galicia felicita aos concellos por manter a Galicia como a Comunidade Autónoma española con maior número de bandeiras azuis en 2012. Galicia acadou un total de 126 distincións encabezando un ano máis o ranking español, seguida nesta ocasión pola Comunidade Valenciana (108 bandeiras), Cataluña (87) e Andalucía (77).
O número de praias candidatas en 2012 elevouse aos 149 areais, polo que un 85% dos presentados acadaron este recoñecemento, que se distribúe ao longo de 36 concellos costeiros.
Respecto dos datos do ano pasado, en 2012 un total de 9 praias máis acadaron esta distinción en Galicia. Tamén destaca a incorporación do Concello de Arteixo con 4 bandeiras azuis para senllos areais deste municipio: Combouzas, Valcovo, A Hucha e A Salsa.
A pesar de incorporar 9 areais con esta distinción deuse o caso de que algún concello da provincia da Coruña e Pontevedra perderon este galardón nalgunha das súas praias no ano 2012.
Na provincia da Coruña, foron as praias de Ornanda e As Furnas, no Concello de Porto do Son; e no de Pontevedra, foron os areais de Carracido (Nosa Señora) e A Xunqueira, nos municipios de Vigo e Moaña, respectivamente.

PROVINCIA DE PONTEVEDRA
CONCELLO
PRAIA
Observación
A Guarda
O Muíño
Area Grande
Baiona
Os Frades
Santa Marta
A Barbeira
Nigrán
Praia América
Patos
Vigo
O Vao
Argazada
Rodas (Illas Cíes)
Figueiras (Illas Cíes)
A Punta
Nova bandeira 2012
Tombo do Gato
Nova bandeira 2012
Fortiñón
Canido
Fontaiña
Moaña
Praia do Con
Cangas do Morrazo
Areabrava
Nerga
Menduiña
Melide
Areamilla
Liméns
Rodeira
Nova bandeira 2012
Bueu
Area de Bon
Portomaior
Lagos
Marín
Aguete
Mogor
Portocelo
Poio
Xiorto

Ningún comentario:

Publicar un comentario