Manifestación na Coruña dos afectados pola fraude das preferentes
TELEBNG
O candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Francisco Jorquera, asegurou hoxe que a solución para os miles de afectados pola fraude das preferentes "que debe pasar pola restitución íntegra dos seus aforros, é unha cuestión de vontade política, porque se o Goberno lle entregou 23.5000 de fondos públicos a Bankia para saneala, tamén pode solucionar este corralito que afecta a case 100.000 galegos e galegas".
Jorquera fixo estas declaracións esta mañá na Coruña a onde acudiu xunto a outros representantes do BNG para apoiar a multitudinaria manifestación convocada polas distintas plataformas galegas de afectados pola fraude das particións preferentes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario